Pena Trevinca e o teixedal de Casaio
Manuel Gago Mariño, autor dunha das millores bitácoras en lingua galega, “Capítulo 0″, convídanos a visitar xoias naturais pouco frecuentadas: Pena Trevinca e o teixedal de Casaio, na fronteira entre a comarca de Valdeorras e as provincias de León e Zamora.
Fixo para nós itinerarios con mapa e vídeo incluídos. A montaña sempre merece a pena, pero estamos avisados de tres inconvenientes: a) o teixedal é de grande importancia ecolóxica pero é pequeno, nada “espectacular”; b) o camiño é longo e difícil; e c) teremos que atravesar paisaxes horriblemente degradadas (isto podo confirmalo, estiven en Casaio) pola mala xestión das canteiras de lousa (se falas galego e non entendes “lousa” é porque moita xente usa a palabra española “pizarra”).
As anotacións son de onte e de antonte. Aquí están os enlaces:

