Blog de César Salgado

Philip Scott Johnson: “Men in Film”

Philip Scott Johnson xa nos regalara os sentidos con varios vídeos, e dous deles fixéronse moi populares, entre outras cousas polo uso do morphing para pasar dunha imaxe á seguinte: “Women in Film” (visto un millón e medio de veces) e, sobre todo, “Women in Art: 500 Years of Female Portraits in Western Art”, que xa viron sete millóns de veces. Nesta bitácora puxen eses dous e tamén “Visages d’Art: hundreds of years of faces in Art”.

Hoxe vin un novo traballo no canal en YouTube de Philip Scott Johnson, baixo o título “Men in Film”:

A lista dos rostros que aparecen sería a seguinte: Douglas Fairbanks Sr., Rudolph Valentino, Charlie Chaplin, James Cagney, Spencer Tracy, Fredric March, Errol Flynn, Fred Astaire, Clark Gable, Gary Cooper, Humphrey Bogart, James Stewart, Tyrone Power, Cary Grant, Henry Fonda, Robert Mitchum, John Wayne, Kirk Douglas, Gene Kelly, Burt Lancaster, William Holden, Marlon Brando, James Dean, Rock Hudson, Montgomery Clift, Anthony Quinn, Gregory Peck, Richard Burton, Jack Lemmon, Sean Connery, Sidney Poitier, Charlton Heston, Peter O’Toole, Paul Newman, Clint Eastwood, Robert Redford, Dustin Hoffman, Roy Scheider, Warren Beatty, Dennis Hopper, Al Pacino, Jack Nicholson, Robert De Niro, Gene Hackman, Jon Voight, Harrison Ford, Kevin Kline, Kevin Costner, Michael Douglas, Christopher Walken, Mel Gibson, Sean Penn, John Travolta, Antonio Banderas, Tim Robbins, Samuel L. Jackson, Tom Hanks, Denzel Washington, Tom Cruise, Brad Pitt, Russell Crowe, Kevin Spacey, Will Smith, Jamie Foxx, Leonardo DiCaprio, Johnny Depp, Matt Damon, George Clooney.

Unha das millores cousas é a música de fondo: a Allemande da Suite número 3 para violonchelo so en “dó maior”, BWV 1009, interpretada por Antonio Meneses.

Podemos ver partituras para seguir esta obra na páxina “Great Bach” de Kim Eun Ho, na copia da Bach-Gesellschaft Ausgabe que teñen en einam.com e espero que axiña no International Music Score Library Project (IMSLP), temporalmente cerrado polas ameazas de Universal Edition (que pretende rete-los direitos de autores que levan cen anos mortos).

Thank you for sharing culture!

Maio 16, 2008 - Emitido por César Salgado | Johann Sebastian Bach, Music, String music, Violoncello, Visual arts | | Non hai comentarios

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario