Morreu o alcalde de Bergondo, José Fernández Ramos (Pepín)
Morreu no seu domicilio José Fernández Ramos (Pepín), mestre e alcalde do Concello de Bergondo desde as eleccións do 1999 ata o 24 de marzo, cando tivo que deixar ese cargo por causa da súa enfermidade.
A capela ardente quedou instalada no edificio municipal da Senra, que fora construído inicialmente por unha asociación de emigrantes, logo incautado polos franquistas e finalmente recuperado tralas xestións do Concello por el presidido. Xa incluín un vídeo sobre a historia deste edificio na anotación “O edificio da Senra (Bergondo)”.
A noticia viña así na edición electrónica do diario El Correo Gallego:
Fallece en su domicilio el alcalde de Bergondo, José Fernández Ramos
El municipio decreta tres días de luto oficial y mañana habrá un pleno extraordinario de la Corporación local.
El alcalde de Bergondo (A Coruña), José Fernández Ramos, falleció este mediodía en su domicilio a la edad de 53 años, según informó el propio ayuntamiento de este municipio. Están decretados tres días de luto oficial y mañana habrá un pleno extraordinario de la Corporación local.
Está previsto que la capilla ardiente quede instalada en el edificio municipal de A Senra, en Bergondo, desde esta misma tarde.
Mañana, día 18, a las 18.00 horas, partirá la comitiva fúnebre en dirección al convento de San Salvador de Bergondo, donde se celebrará el funeral de cuerpo presente. Posteriormente, tendrá lugar el sepelio en el cementerio municipal de Betanzos.
El alcalde en funciones, José Francisco Mata, decretó hoy tres días de luto oficial. Mañana, al mediodía, la Corporación Local de Bergondo celebrará una sesión plenaria extraordinaria.
Trayectoria
José Fernández Ramos dejó el cargo de forma transitoria por motivos de enfermedad, el pasado día 24 de marzo, asumiendo el cargo el segundo teniente de alcalde, José Francisco Mata Buyo, ya que la primera, Alejandra Pérez Máquez, no accedió por ocupaciones laborales.
Fernández Ramos (PSdeG) presidía el equipo de gobierno local desde 1999. En el primer mandato gobernó en coalición con el BNG. En los comicios locales de 2003 fue reelegido con mayoría absoluta, por lo que no necesitó pactar con ninguna otra fuerza política.
En las elecciones del pasado año, el PSdeG de Bergondo resultó vencedor pero no con la diferencia suficiente para volver a gobernar en solitario. Sin embargo, en esta ocasión, Fernández Ramos decidió acometer la legislatura con un gobierno en minoría.
Desde el pasado mes de septiembre presidía el Consorcio de As Mariñas tras ser elegido por unanimidad por los alcaldes de los municipios que forman parte del ente supramunicipal.
Nova versión do Dicionario online de Ir Indo
O pasado 24 de abril anotei aquí que a editorial Ir Indo poñía en liña o seu “Dicionario de galego”. Hoxe visiteino e vin este anuncio:
Nova versión do Dicionario online de Ir Indo
Apenas 15 días despois da estrea na rede do primeiro dicionario normativo elaborado por Ir Indo Edicións (www.digalego.com), a editorial viguesa presenta unha nova versión que, ademais da incorporación de etimoloxías e equivalencias en lingua portuguesa, castelá e inglesa, insere tamén sinónimos, antónimos, variantes, novas traducións e préstamos, ademais doutras diversas seccións que o converten no diccionario máis completo na actualidade na rede. Asemade, con esta nova versión, o internauta tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán ou inglés picando debaixo do idioma correspondente. Esta nova e moderna ferramenta lingüística de Ir Indo Edicións incorpora a tecnoloxía wap para poder acceder dende o móbil a través do enlace wap.digalego.com. A web conta cun novo deseño máis completo e axeitado ás características deste moderno dicionario. Como todo é mellorable agradecemos achegas e suxestións.
Reitero o que dixen daquela: os amantes da lingua e os que a usamos como ferramenta de traballo debemos agradecer que Ir Indo volva apostar pola difusión da cultura.
Xa está “na rúa” o Mozilla Firefox 3.0 RC1
Xa está disponible a RC1 do Mozilla Firefox 3.0; xa non é unha versión “beta” pero tampouco é unha versión “estable”, senón un paso máis no camiño cara a definitiva. O principal inconveniente que lle vexo: polo momento, moitas das miñas extensións preferidas non funcionan.
Pode baixarse desde a páxina Firefox release candidates.
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
