Blog de César Salgado

Nova versión do Dicionario online de Ir Indo

O pasado 24 de abril anotei aquí que a editorial Ir Indo poñía en liña o seu “Dicionario de galego”. Hoxe visiteino e vin este anuncio:

Nova versión do Dicionario online de Ir Indo

Apenas 15 días despois da estrea na rede do primeiro dicionario normativo elaborado por Ir Indo Edicións (www.digalego.com), a editorial viguesa presenta unha nova versión que, ademais da incorporación de etimoloxías e equivalencias en lingua portuguesa, castelá e inglesa, insere tamén sinónimos, antónimos, variantes, novas traducións e préstamos, ademais doutras diversas seccións que o converten no diccionario máis completo na actualidade na rede. Asemade, con esta nova versión, o internauta tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán ou inglés picando debaixo do idioma correspondente. Esta nova e moderna ferramenta lingüística de Ir Indo Edicións incorpora a tecnoloxía wap para poder acceder dende o móbil a través do enlace wap.digalego.com. A web conta cun novo deseño máis completo e axeitado ás características deste moderno dicionario. Como todo é mellorable agradecemos achegas e suxestións.

Reitero o que dixen daquela: os amantes da lingua e os que a usamos como ferramenta de traballo debemos agradecer que Ir Indo volva apostar pola difusión da cultura.

Maio 17, 2008 - Publicado por César Salgado | Education, Galicia, Language, Software | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario