Verdegaia denuncia os riscos do vertedoiro ilegal das Nogais
A asociación ecopacifista galega Verdegaia publicou antonte (16 - V - 2008) unha nota de prensa baixo o título “Verdegaia denuncia os riscos ambientais e de saúde pública do vertedoiro ilegal das Nogais”. Copio un extracto do su contido:
O vertedoiro ilegal das Nogais, preto do cumio do monte Lago Seco, lindante co Lugar de Interese Comunitario (LIC) Os Ancares-Courel e futuro parque natural, segue aberto e recibindo o lixo deste concello a pesares das reiteradas denuncias perante o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, á Consellería de Medio Ambiente e a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Este vertedoiro incumpre toda a lexislación en materia de xestión de residuos, a Directiva 1999/31 /CE, do Consello, de 26 de abril, relativa ó vertido de residuos, a Lei 10/1998, de 21 de abril, de Residuos e o Real Decreto 1481/2001 polo que se regula a eliminación de residuos mediante vertedoiro. O vertedoiro carece dun sistema de canalización e depuración de lixiviados, non hai impermeabilización do chan nin medidas contra as filtracións de líquidos contaminantes, non conta con peche de seguridade que impida o acceso ao recinto, mestúranse residuos de todo tipo incluídos perigosos como pilas, aerosois ou neumáticos, non gardan unha distancia mínima de seguridade coas masas forestais que os rodean e mesmo arde de xeito regular. [...]
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
