Greenpeace action against cluster bombs in Expal (Madrid)
Agora mesmo hai en Dublín unha conferencia internacional para asinar un tratado que poña fin á fabricación, ó almacenamento, ó comercio e sobre todo ó uso das bombas de fragmentación, chamadas en inglés cluster bombs e en español bombas de racimo.
O texto base, coñecido como declaración de Wellington, foi subscrito por 116 países, pero enfróntase a ausencias significativas como as de Brasil, China, Estados Unidos, India, Israel, Pakistán e Rusia, e a resistencias de países que, a pesar de subscibiren a declaración, piden que se exceptúen certas armas do tratado final ou que se establezan longos prazos de moratoria antes da súa entrada en vigor efectiva.
Hoxe pola mañá activistas de Greenpeace España foron á oficina en Madrid de Expal, unha das empresas españolas que fabrica cluster bombs, e cóntano con fotos e vídeo incluídos no seu blog: “En vivo: Acción de Greenpeace en Expal”
A noticia en RTVE: “Greenpeace asalta la sede de una empresa a la que acusa de producir bombas racimo”
Enlaces sobre minas e bombas de fragmentación:
- Cluster Munition Coalition
- Handicap International
- International Campaign to Ban Landmines (ICBL)
- Landmine Action
- Mines Advisory Group (MAG)
- United Nations Mine Action Service (UNMAS)
- Pere Ortega: “El 11-M y Unión Española de Explosivos” (Centre d’Estudis per la Pau “J. M. Delàs”, IV – 2004).
Aínda non hai comentarios.


