Monteverdi: “Sfogava con le stelle” (high school choir)
Xa trouxen a esta bitácora o precioso “Sfogava con le stelle”, composto por Claudio Monteverdi e publicado no seu cuarto libro de madrigais (1603). Foi na anotación “Luca della Robbia (música de fondo: “Sfogava con le stelle” de Monteverdi)”.
Hoxe traio a interpretación dun coro xuvenil, o San Marino high school choir (California, USA):
O texto é dun dos primeiros libretistas de ópera, Ottavio Rinuccini:
Sfogava con le stelle
un infermo d’amore
sotto notturno cielo il suo dolore.
E dicea fisso in loro:
«O imagini belle
de l’idol mio ch’adoro,
sì com’a me mostrate
mentre così splendete
la sua rara beltate,
così mostraste a lei
i vivi ardori miei:
la fareste col vostr’aureo sembiante
pietosa sì come me fate amante».
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
