Digalego.com temporalmente fóra de servizo
O magnífico “Dicionario de galego” que puxo en liña a editorial Ir Indo está temporalmente fóra de servizo. Máis información na web da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua:
- Ir Indo paraliza o seu dicionario na rede Digalego.com e pide rectificacións de Política Lingüística
Eu aínda non entendín o discurso da empresa editora. Oxalá me estea a equivocar, pero a impresión que causa é a dunha chantaxe, de traballaren máis con ansia crematística que cultural: a impresión contraria que me dera o proxecto no seu lanzamento… :-(
P. S. (13 – VI – 2008). Máis información en Vieiros:
Nos meus enlaces xa substituín o de Ir Indo polo Dicionário Electrónico Estraviz (abreviado “Dicionário e-Estraviz”), unha ferramenta moi útil para coñece-los significados das palabras, aínda que a escolla dalgunhas formas e a ortografía son “reintegracionistas”, distintas das oficiais.
Para a escolla e a ortografía oficiais a autoridade máis á man é o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (abreviado VOLG ou VOLGA).
P. S. (20 – VI – 2008). Parece que o Dicionario de Ir Indo xa está na rede outra vez, do cal me alegro. É un servizo magnífico. Pero, ¿por que volven? ¿Xa lles pasou a perrencha? ¿Déronse conta do ridículo que facían? Prestixio, sona, fama, imaxe pública… cousas que é doado perder, e sempre é incerta a posibilidade de recuperalas.
perrencha
port: perrice cast: rabieta ingl: tantrum
s f Enfado pasaxeiro, con choros e berros, propio dos nenos.
SIN: rabecha.
CFR: cabuxo, entreitiza.
Aínda non hai comentarios.