Blog de César Salgado

AI report on Iraqi refugees and internally displaced

Amnistía Internacional publicou onte un informe de 70 páxinas sobre os cidadáns de Iraq (estímanse en 4,7 millóns) que se viron forzados a marchar a outros países (refuxiados) ou a outro lugar do país abandonando a súa residencia (desprazados internos) despois da invasión liderada polos Estados Unidos no 2003 e o incremento do terrorismo.

O informe leva por título “Rhetoric and reality: the Iraqi refugee crisis”. Nel analízanse, entre outras cousas, as dificultades dos refuxiados en Siria, Xordania, Líbano e Exipto, así como a política de “retorno voluntario”, “devolución” e as expulsións desde países como Suecia, Noruega, Dinamarca, Alemaña, Países Baixos e o Reino Unido.

Xuño 16, 2008 - Publicado por César Salgado | Amnesty International, Denmark, Egypt, Germany, Human Rights, Iraq, Jordan, Lebanon, Netherlands, Norway, Politics, Sweden, Syria, United Kingdom, United States | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario