AI report on Tunisia: incommunicado detention, torture, unfair trials
Amnistía Internacional (AI) publicou onte un informe de 42 páxinas sobre as violacións dos Direitos Humanos cometidas polas autoridades de Tunisia usando como pretexto a loita contra o terrorismo islamista. Estas violacións inclúen arrestos en réxime de incomunicación durante longo tempo (constituíndo ás veces “desaparicións”), torturas, procesos militares a civís e sen acceso a unha defensa adecuada…
Outro aspecto a destacar é que moitos dos detidos cuxos direitos se violaron procedían (vía expulsións / devolucións / deportacións / extradicións), de países como Exipto, Francia, Italia, Irlanda, Bosnia, Luxemburgo e os Estados Unidos. Estes países teñen parte de responsabilidade, xa que non atenderon ás denuncias de AI e outras organizacións.
O informe leva por título “In the Name of Security: Routine Abuses in Tunisia”.
Aínda non hai comentarios.


