Rematei hai pouco a lectura de “Los pésimos ejemplos de Dios según la Biblia” (Temas de Hoy, Madrid, 2008; ISBN: 9788484606895). O especialista en sectas Pepe Rodríguez realiza nesta obra unha reductio ad absurdum da doutrina que interpreta a Biblia como palabra “literal” de Deus, citando masacres e outros comportamentos “pouco edificantes” perpetrados, inducidos ou tolerados por Iavé.
Ademais deste lin outros dous libros de Pepe Rodríguez:
- “Mentiras fundamentales de la Iglesia católica” (Ediciones B, Barcelona, 1997; ISBN: 9788440672629)
- “Las sectas hoy y aquí” (Tibidabo, Barcelona, 1985; ISBN: 9788486421014; este é un libro excelente, pero hai que buscalo no mercado de segunda man… ou nunha boa biblioteca)
Recomendo as obras deste autor, aínda que ás veces teño a impresión de que emite xuízos apresurados e dá algún “salto no vacío” na súa argumentación. Tamén pode que o único vacío estea na miña cabeza… :-)

