Unha das miñas recentes lecturas foi a marabillosa compilación realizada por Ramiro Calle baixo o título “101 cuentos clásicos de la India. La tradición de un legado espiritual” (EDAF, Madrid, 1995; ISBN: 9788476408902).
Son narracións breves que iluminan o espírito (algunhas xa as coñecía a través de Anthony de Mello), parecen moedas de ouro, pequenas na dimensión visible pero de incalculable valor. É un deses libros que podes abrir en calquera momento e por calquera páxina…

