Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Roald Dahl: “Historias extraordinarias”

Dicía eu hai uns meses, na anotación Roald Dahl: “Relatos de lo inesperado”:

É frecuente asociar ó escritor Roald Dahl coa literatura para nenos e é certo que escribiu moitos libros para ese público. Eu mesmo estiven a traballar, hai pouco, “Charlie e a fábrica de chocolate” con rapaces de sexto. Quizá non é tan coñecida entre nós a súa faceta como escritor de relatos curtos, novelas e guións de televisión e cine, algúns deles en colaboración con Alfred Hitchcock.

[...] e quedoume gana de máis.

Como me quedara gana de máis, lin “The Wonderful Story of Henry Sugar and Six More” na traducción española de Jordi Beltrán (“Historias extraordinarias”; Anagrama, Barcelona, 1990; ISBN: 9788433920232).

Pareceume moi interesante a historia titulada “Lucky Break”, onde Roald Dahl describe como chegou a ser escritor, logo dun encontro casual con C. S. Forester.

Roald Dahl non tivo estudos universitarios, e por iso destaca o papel desempeñado pola escola primaria e secundaria na formación do seu talento literario. Aparte dos castigos físicos (durísimos e case sempre arbitrarios), chaman a atención os xuízos emitidos nos informes trimestrais polos profesores que supervisaron os seus exercicios de redacción:

[14 años] “Nunca he conocido un muchacho que de forma tan persistente escriba exactamente lo contrario de lo que quiere decir. Parece incapaz de ordenar sus pensamientos sobre el papel.”

[15 años] “Chapucero persistente. Vocabulario negligible, oraciones mal construidas. Me recuerda a un camello.”

[16 años] “Este muchacho es un discípulo indolente y analfabeto.”

[17 años] “Perezoso en todo momento. Ideas limitadas.”

Roald Dahl tivo aquel encontro casual que o animou a escribir. Pero… ¿cantos xenios frustraron e seguen a frustrar as nosas escolas?

6 Xullo 2008 - Publicado por | Education, Literature

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s