70 concellos levan anos sen paga-los billetes dos nenos saharauís
Coñezo a través de chuza! unha noticia aparecida no xornal electrónico Vieiros.
A noticia leva por título “Setenta concellos levan tres anos sen pagarlles o billete aos nenos saharauís”. Copio un extracto do seu contido:
Entre o 10 e o 12 de xullo aterrarán en Galiza as 846 crianzas saharauís que van pasar o verán nas casas de familias voluntarias de todo o país. O programa Vacacións en Paz, de ámbito estatal, está xestionado na nosa terra pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e conta coa colaboración de 180 concellos adscritos. O compromiso dos gobernos municipais consiste no pagamento dos billetes de avión dos cativos, mais este está a ser incumprido por case todos.
“Arredor de setenta concellos non pagaron o importe das pasaxes dende hai tres anos”, confesa o dende hai un mes novo delegado da República Árabe Saharauí Democrática (RASD) en Galiza, Ahmedu Mojtar. Este prefire non dar “polo momento” ningún nome, “porque algúns xa comezan a pagar” e con outros “estamos en negociacións”. [...]
Enlaces sobre o Sahara Occidental:
Aínda non hai comentarios.


