O Grupo de Radón de Galiza da Universidade de Santiago (USC) destaca a comarca do Sar como a área de Galiza con risco ‘máis alto’ de concentración de radón, gas nobre radioactivo que se orixina na desintegración do radio e que se atopa presente en cantidades mínimas no aire, chan e auga.
Segundo a investigación realizada, todos os municipios da comarca do Sar “son de alto risco”, ao superar a porcentaxe de 10 por cento de casas con 200 ou máis bequerelios por metro cúbico, que se sitúa nunha media de 37 por cento de risco, tras realizar a medición en 46 domicilios.
O profesor da USC Xoán Miguel Barros sinalou que, aínda que todos os municipios da comarca do Sar son de alto risco, salientan as porcentaxes rexistradas por Dodro (57,1) e Padrón (39,3). Ademais, engadiu que as áreas de Negreira, A Baña, Santa Corda, Zas e resto de municipios cara a Muxía presentan o risco máis alto.
Extremo contrario
No extremo contrario sitúase a comarca do Deza, onde todos os municipios son de “baixo risco”, xa que a porcentaxe de casas con 200 ou máis bequerelios por metro cúbico non chega ao 5 por cento, que unicamente rolda Lalín, cun 4,9 por cento coa medición de 41 domicilios e Silleda co 3,5, mentres que o resto de concellos presentan un 0 por cento.
Mapa galego
O Mapa de Radón de Galiza presentado polo profesor Barros indica que na comarca de Santiago, excepto Boqueixón e Val do Dubra, todos os municipios son de alto risco ao superar o 10 por cento de vivendas con máis de 200 bequerelios por metro cúbico de presenza do gas. Así, a media ascende ao 17,5 por cento de risco, destacando Brión co 42,9; Teo co 35,4 e Ames co 32,35. A capital galega ten 11,4 por cento de risco.
O estudo abarcou tamén a comarca de Noia, onde excepto Outes, co 12,5 por cento de risco, todos os municipios son de baixo ou medio risco de exhalación de radón no interior das vivendas, cunha media do 5,4; ao presentar Noia o 2,6 por cento, Porto do Son o 7,1 por cento e Lousame un 0 por cento. Pola súa banda, na zona do Barbanza, salvo A Pobra do Caramiñal, que é de baixo risco, “todos os municipios son de alto risco”, cunha media do 10,3 por cento.
O alto risco
Barros xustificou a “obsesión” polo radón porque “Galiza é unha área de alto risco de radiactividade natural”. Segundo precisou, a provincia de Ourense ten un 32 por cento de casas que superan os 200 bequerelios por metro cúbico; Pontevedra, un 21 por cento; A Coruña, un 18 por cento e Lugo, un 14 por cento.
Deste xeito, incidiu tamén en que a radioactividade gamma e alfa “é importante” no país. Por iso, puntualizou que os informes dos técnicos “desaconsellan” a localización dunha central nuclear en Galiza, porque se trata de “unha zona con radiactividade que teñen a ser maior que a media”.
Neste sentido, o profesor Barros destacou que a concentración de radón na península localízase en Galiza, a zona de Guadarrama, Estremadura, Castela-León e todo o norte de Portugal.
Cancro
Barros manifestou que a exposición a gas radón representa un problema de saúde pública, xa que supón a segunda causa de cancro de pulmón e a primeira en non fumadores. Respecto diso, recordou que desde 1988 está considerado pola Axencia de Investigación sobre o Cancro como canceríxeno humano, resaltando que o risco de padecer a patoloxía multiplícase entre 25 e 40 veces no caso dos fumadores.
Recomendacións
O profesor Barros asegurou que as medidas que adoptar ante a concentración de radón nas vivendas “non supón un custo engadido enorme para un construtor”. “Son medidas ridículas que funcionan en países onde existen programas de redución de radón”, engadiu.
Respecto diso, apuntou a posibilidade de colocar barreiras baixo soleira en vivendas situadas en lugares de categoría un de risco; así como a extracción forzosa ou pasiva do gas, a ventilación, ventilar dúas horas unha casa elimina a cuarta parte de radón, e até unha cheminea que elimina o gas que se poida acumular.
Barros incidiu, así mesmo, que as Normas do Hábitat Galego citan nun anexo a recomendación de adoptar medidas adecuadas. “Agora só falta que os emprendedores collan o touro polos cornos porque as recomendacións están aí”, sentenciou.
La comarca de Padrón y los municipios próximos a Muxía presentan los niveles más elevados.
Joel Gómez.
La elevada concentración de gas radón en las viviendas convierte a Galicia en una zona de riesgo ambiental para la salud humana y aconseja promover medidas para evitar las posibles consecuencias; la más grave de todas, el cáncer de pulmón. Así lo indican estudios realizados por el área de medicina preventiva y salud pública de la USC y por el Laboratorio de Radón del Hospital Clínico de Santiago, que elaboran un mapa sobre la incidencia real de este problema en la comunidad.
El Consejo de Seguridad Nuclear realizó hace años unas estimaciones de los riesgos de radón en Galicia. Aquel documento atribuía la mayor alerta a la provincia de Ourense, donde un 32% de las viviendas superaban los 200 becquerels (la unidad de medida de dicho gas) por metro cúbico, cifra que no debe rebasarse para preservar la salud humana. Le seguían la de Pontevedra (21%), A Coruña (18%) y Lugo (14%).
Las mediciones reales en domicilios confirman aquellas proyecciones. Hay datos ya sobre 1.800 viviendas, y 300 más están en marcha. Los resultados arrojan que la comarca de Sar (Padrón), la de Barcala (Negreira) y la zona de Santa Comba, Zas y los municipios más próximos a Muxía son las que se exponen a mayor riesgo.
La finalización del mapa del radón de Galicia se prevé para noviembre, y seis meses más tarde se pretende tenerlo listo para su entrega. La próxima semana, en un curso de la USC que se celebra en Noia, se presentará en su estado actual.
Según datos avanzados ayer por el médico Xoán Miguel Barros, el 37% de los hogares de la comarca padronesa superan los niveles máximos admitidos de gas radón y deberían adoptar medidas. La peor situación se da en el municipio de Dodro (57,1%), seguido de Padrón (39,3%) y Rois (18,2%).
Otra comarca problemática es Santiago, donde el 17,5% de las viviendas superan los 200 becquerels de gas radón. La peor situación se da en Brión (42,9%), Teo (35,4%), Ames (32,35%), Vedra (16,7%) y Santiago (11,4%). Sin embargo, en Boqueixón y Val do Dubra, en la misma zona, el nivel encontrado fue 0. En los cuatro municipios de Arousa norte la media es de un 10,3% de viviendas con exceso de radón, mientras que Boiro y Ribeira están en torno al 12%, en Rianxo baja al 11,1% y en Caramiñal es de 0. De cuatro municipios de Muros-Noia, solo Outes (12,5%) presenta datos de riesgo. Y ninguno de los seis de la comarca del Deza.
Barros indicó que las mediciones permiten afinar mucho las precisiones. Así, en el municipio de Santiago, hay más concentración de radón en las casas del este que en las del oeste.
La mitad de la radiación a la que se expone el ser humano, que eleva el peligro de sufrir cáncer de pulmón
La exposición más frecuente a la radiactividad por parte de la población se produce ante el gas radón, que «supón o 50% da dose efectiva de radioactividade dun humano», indica Xoán Miguel Barros, y es la principal causa de cáncer de pulmón en no fumadores, y la segunda en consumidores de tabaco. Si un fumador reside en una vivienda con alta concentración de radón, tiene de 25 a 40 veces más posibilidades de desarrollar este tumor, agregó Barros. En la península Ibérica, además de a Galicia, este gas afecta a la sierra de Guadarrama, Extremadura, Castilla y León, así como al norte de Portugal.
El radón tiene relación con los suelos graníticos, pizarrosos y silíceos. El Laboratorio de Radón del Clínico de Santiago facilita aparatos para medir su concentración: debe hacerse durante tres meses y cuesta 30 euros más IVA. El Mapa de Radiactividad Natural de Galicia (Marna) ya concluyó que la comunidad tiene alto riesgo de radiactividad gamma y alfa y se supone que ese dato desaconsejó en su día ubicar en la comunidad una central nuclear.
Barros insistió en que se puede expulsar el radón con una instalación que, hace seis años, costaba sobre 3.000 euros. Su influencia también depende del aislamiento, ventilación o comunicación de las viviendas. Este médico destacó que las Normas do Hábitat de la Consellería de Vivenda obligan a la adopción de medidas adecuadas en los lugares de riesgo, lo que supone un avance, pues no figura en ninguna otra normativa oficial.