Tallis: “Loquebantur variis linguis apostoli” (Intrada, Ekaterina Antonenko; Cantemus, Szabó Soma; Taverner Consort, Andrew Parrott)
Traio hoxe unha das miñas pezas corais preferidas, “Loquebantur variis linguis apostoli”. Destaca polo uso das disonancias so-si e ta-ti. Traducido, nunha armadura sen alteracións, “sol” contra “sol díese” e “si bemol” contra “si”, ou G-Gis e B-H se usamos notación alemana. Poucos exemplos parecidos encontraremos ata a fin do século XIX…
O compositor é un dos imprescindibles do riquísimo Renacemento inglés, Thomas Tallis (ca. 1505 – 1585).
Aquí canta o grupo vocal Intrada, dirixido por Ekaterina Antonenko:
Pode verse e escoitarse unha transcripción desta peza na miña páxina de “cancións para usar na aula” (formatos NWC e MIDI).
P. S. (17 – I – 2009). Encontrei outra interpretación desta obra. É no concurso European Grand Prix for Choral Singing, edición do 2007. Canta o coro mixto Cantemus, da cidade húngara de Nyíregyháza, dirixido por Szabó Soma:
P. S. (3 – V – 2011). Os intérpretes son agora o Taverner Consort, dirixidos por Andrew Parrott:
Aínda non hai comentarios.