ETA e o “debate público”
Hoxe publicouse un comunicado da banda terrorista ETA. Apareceu so en vasco e non puiden encontra-lo texto traducido a ningún outro idioma, o cal dá certa idea do solipsismo ou esquizofrenia que arrodea ó conflicto. Chamou a miña atención que xustifiquen un asasinato dicindo que, en primeiro lugar, o morto non pagaba o imposto revolucionario (vaia, que se autodefinen como mafiosos) e, en segundo lugar, que dirixía unha empresa que construía infraestructuras “sen debate público”.
So no último ano a banda terrorista ETA fomentou o debate público a través dos seguintes métodos, entre outros: asasinando a un obreiro porque defendía as súas ideas pacificamente dentro dun partido político, poñendo bombas nunha casa-cuartel, en varios medios de comunicación e nun campus universitario, isto último en horario lectivo para que quedase clara a súa intención de promove-lo debate.
Aínda non hai comentarios.