Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Jordi Adell: “Actividades didácticas para el desarrollo de la competencia digital”

Hoxe escoitei unha disertación que o profesor Jordi Adell pronunciou nunhas xornadas en abril do 2008. É unha hora e pico de vídeo pero a min non se me fixo longa, máis ben ó contrario. Fala da educación en xeral, dos novos currículos, das competencias e da “web 2.0″… Chegoume a través do Blog do coordinador TIC, elaborado polo infatigable Alberto Armada.

Esta é a anotación, titulada igual que a conferencia: “Actividades didácticas para el desarrollo de la competencia digital”.

Entre as cousas que me gustaron da conferencia está que Jordi Adell non intenta vender nada. Desmitifica as innovacións tecnolóxicas aclarando que algunhas supoñen avances polas súas aplicacións didácticas mentras que outras non supoñen millora ningunha para a educación.

Nos últimos minutos do vídeo alguén do público pregunta como un docente pode encontrar tempo para “estar ó día” tecnoloxicamente falando. A resposta de Jordi Adell é lúcida como o conxunto do seu discurso e quizá sorprenda polo seu humanismo radical:

[...] Yo no me agobiaría. Dedícale tiempo a ser feliz. Los profesores felices enseñan mejor. Transmiten felicidad. [...]

Algúns experimentarán unha disonancia cognitiva tan grande que racionalizarán estas palabras como producto da ironía. Son os mesmos sorprendidos cando Daniel Pennac nos di que os bos profesores son os que dormen ben, ou cando nos fala do amor.

¿Non son “felicidade” e “amor” palabras tabú para un científico, un filósofo, un revolucionario? Son, e ben o sabían, por exemplo, Paulo Freire ou Ernesto Guevara.

24 Febreiro 2009 Publicado por | Education, Spain | 2 Comentarios