I puritani (Bellini): “A te, o cara…” (Alfredo Kraus)
Se o compositor Vincenzo Bellini non morrese tan novo (1801 – 1835) seguramente rivalizaría con Verdi durante boa parte do século. Hoxe traio un fragmento da ópera I puritani (1835), un grande éxito en París a pesar dun libretto mediocre. Disque o propio Bellini comentou que, se o texto carecía de calidade, tanto tiña, xa que poucos espectadores de París entenderían o italiano. Considerábase capaz de emocionar ó público co único recurso da súa música… e non se equivocaba.
Aquí temos unha lección de técnica aplicada á arte do canto: Alfredo Kraus cantando “A te, o cara”.