Ciclo de cine “A eterna loita: Israel vs Palestina”
Recibido do grupo local de Amnistía Internacional da Coruña:
Este xoves, día 5 de Marzo ás 19:30 horas, terá lugar o acto de inauguración do ciclo de cine “A eterna loita: Israel vs Palestina”. O lugar elixido para a presentación é a Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano, na que se proxectará, a continuación da presentación realizada por Ghaleb Jaber Martínez, a longametraxe Zona Libre, do recoñecido director Amos Gitai.
Ghaleb Jaber Martínez, comisario do Festival Amal e gran coñecedor do conflito pola súa orixe palestina, presentará o ciclo, composto por cinco películas:
- Zona libre
- Os limoeiros
- Domicilio privado
- Mal xesto
- Promises
As cintas, emitiranse en semanas sucesivas, en sesión única os xoves e dobre os venres e os sábados. A través do punto de vista dos seus directores: Amos Gitai, Eran Riklis, Itshak Grad, Saverio Constanzo e Justine Shapiro, preténdese achegar aos espectadores á situación que se vive na actualidade en Israel e nos territorios palestinos ocupados. O ciclo está organizado polo Grupo Local de Amnistía Internacional e polo Concello da Coruña.
A charla inaugural de Ghaleb Jaber será de gran utilidade para comprender mellor as claves da confrontación ao tempo que brindará a súa análise crítica dos filmes; como gran experto que é en cine europeo e árabe.
Máis información sobre películas e horarios, tomada da páxina do Concello da Coruña:
FREE ZONE (Zona libre): 5, 6 e 7 de marzo
De Amos Gitai. Con Hanna Laszlo.
Bélxica-España-Francia-Israel, 2006 – 1h 36 min – V.O.S. en castelán TODOS OS PÚBLICOSETZ LIMON (Os limoeiros): 12, 13 e 14 de marzo
De Eran Riklis. Con Ali Suliman.
Israel, 2008 – 1 h 46 min – V.O.S. en castelán – TODOS OS PÚBLICOSPRIVATE (Domicilio privado): 19, 20 e 21 de marzo
De Saverio Costanzo. Con Mohammed Bakri.
Italia, 2004 – 1 h 38 min – V.O.S. en castelán – NRM 13 anosTNUAH MEGUNA (Mal xesto): 26, 27 e 28 de marzo
De Itshak Grad. Con Gal Zaid.
Israel, 2006 – 1 h 36 min – V.O.S. en castelán – NRM 18 anosPROMISES: 2, 3 e 4 de abril
De Justine Shapiro. Documental.
Estados Unidos, 2001 – 1 h 46 min – V.O.S. en castelán – TODOS OS PÚBLICOS
Aínda non hai comentarios.