Concerto na Coruña para apoiar a Intermón Oxfam en Sudán
Copio unha información que recibín hoxe por e-mail:
O mércores 18 de Marzo, ás 20.30 horas, o presentador de “Luar”, Xosé Ramón Gayoso, dará a benvida no Teatro Colón a máis de 150 músicos de diferentes idades que actuarán a favor da poboación do sur de Sudán.
Trátase dos membros do Coro Infantil, a Orquestra e a Banda Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música da Coruña, que pon a súa música a beneficio dos mais desfavorecidos. Mozos que se comprometen e achegan o seu gran de area para que, noutra parte do mundo, outras persoas poidan ter acceso a unha vida digna.
As entradas teñen un prezo de 6 € e están á venda en Intermón Oxfam e en www.caixagalicia.es
Contacto para medios de comunicación:
Intermón Oxfam: Marina Poloni
Teléfono: 606 87 88 63
e-mail: mpoloni@intermonoxfam.org
Aínda non hai comentarios.