Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Thomas Ravenscroft: “There were three ravens sat on a tree” (Valéry Sauvage, renaissance guitar)

The Three Ravens is a beautiful English ballad published in 1611 by Thomas Ravenscroft, but probably much older. Here we can listen to an intabulation by Pascale Boquet, played by Valéry Sauvage. The instrument is a renaissance guitar made by Stephen Murphy.

This is the text as sung by the Hilliard Ensemble (The Singing Club, HMA 1951153, a very good performance), which I set to “modernized” orthography:

There were three rav’ns sat on a tree, down-a-down, hay down-a-down.
There were three rav’ns sat on a tree, with a down.
There were three rav’ns sat on a tree.
They were as black as they might be. With a down, derry, derry, derry, down, down.

The one of them said to his mate, down-a-down, hay down-a-down.
The one of them said to his mate, with a down.
The one of them said to his mate,
Where shall we our breakfast take? With a down, derry, derry, derry, down, down.

Down in yonder green field, down-a-down, hay down-a-down.
Down in yonder green field, with a down.
Down in yonder green field,
There lies a knight slain under his shield. With a down, derry, derry, derry, down, down.

His hounds they lie down at his feet, [simile]
So well they can their master keep.

His hawks they fly so eagerly,
There’s no fowl dare him come nie.

Down there comes a fallow doe,
As great with young as she might go.

She lift up his bloody hed,
And kissed his wounds that that were so red.

She got him up upon her back,
And carried him to earthen lake.

She buried him before the prime,
She was dead herself ere even-song time.

God send every gentleman,
Such hawks, such hounds, and such a leman.

13 Abril 2009 Publicado por | Folklore, Literature, Music, Poetry, String music, Thomas Ravenscroft, Vocal music | Deixar un comentario

Ken Robinson fala da creatividade e do sistema educativo

Un bo amigo envioume esta graciosa e á vez profunda charla de Ken Robinson, a través da páxina de Luis Pescetti. Está en inglés pero leva subtítulos en español.

Non sei o que opinarán o fillo de Ken Robinson e a ex-moza do mesmo sobre as alusións en forma de “chiste”, pero a min parécenme fóra de lugar nun contorno académico. Ademais, a captatio benevolentiae era xa longa abondo e quedaba redonda sen elas. Quizá houbo bos viños no xantar…

En calquera caso, ninguén é perfecto e a oratoria de Ken Robinson vai pouco a pouco enfrontándonos coas contradiccións do noso sistema educativo, deseñado para seleccionar e fabricar, no millor dos casos, profesores universitarios; e botar ó lixo (agora chámanlle “mercado de traballo”, disque) a aqueles con capacidades diferentes. Un sistema que fai violencia ós nenos, horas e horas sentados, calados e facendo tarefas repetitivas que so aproveitan un recuncho do cerebro. Un sistema que probablemente diagnosticaría con TDAH a moitos xenios das ciencias e das artes como a mencionada bailarina e coréografa Gillian Lynne.

Ollo: non estou a dicir que o TDAH non exista ou que a medicación que se dá a algúns nenos non sexa beneficiosa, pero, como escribín na anotación “Michael Phelps e as etiquetas”, hai grandes corporacións farmacéuticas lucrándose co sobrediagnóstico e coa sobreprescripción de fármacos psicoactivos a nenos. Os nenos precisan, en primeiro lugar, de tempo, de atención individualizada, na casa (onde os cambios sociais llela furtan tantas veces) e na escola (unha institución alienante chea de rixideces burocráticas, cega ás motivacións vitais, curta en medios materiais e humanos).

¿Quen son os culpables? Todos temos parte de culpa, pero a responsabilidade medra segundo subimos na escada do poder, político e económico, e hoxe o capital é “transnacional” ou mesmo está en limbos xurídicos e paraísos fiscais. A maioría dos profesores que coñezo fan un traballo individual moi bo, en ocasións excelente, pero a organización é desastrosa. Eu compároo cun equipo de basket que vai xogar sen exercitarse antes. ¿Quen defende a quen? ¿Quen se pega co center do equipo contrario? ¿Xogaremos todos de forward en ataque? Logo non haberá quen suba e reparta a pelota, faga os “bloqueos” ou colla os rebotes…

P. S. Todos coñecemos exemplos de que o éxito escolar e o éxito na vida, mesmo na vida intelectual, non van necesariamente unidos. Hai miles, pero aquí xa comentei o caso dos escritores Daniel Pennac e Roald Dahl, casos perdidos para os seus profesores…

13 Abril 2009 Publicado por | Dance, Education, Music, Politics, Visual arts | 3 Comentarios