Blog de César Salgado

30 Xuño 2009

Xa está “na rúa” o Mozilla Firefox 3.5

Gardado en: Mozilla Firefox, Software — César Salgado @ 18:49

Xa saíu unha nova versión estable do Mozilla Firefox, a 3.5. Copio un extracto da nota de prensa que o anuncia oficialmente:

“Mozilla Advances the Web with Firefox 3.5″

Major update to browser delivers significant performance improvements, privacy enhancements, support for new Web standards, and greater customization options.

MOUNTAIN VIEW, CALIF. – June 30, 2009 – Mozilla, a public-benefit organization dedicated to promoting choice and innovation on the Internet, today released Firefox® 3.5, a major update to its popular, free and open source Web browser. Coming one year after the launch of the critically acclaimed Firefox 3, Firefox 3.5 introduces cutting-edge features, as well as new support for a wide variety of Web standards.

Firefox 3.5 is the best performing browser Mozilla has ever released and delivers radically improved JavaScript performance, a new Private Browsing mode, native support for open video and audio, and Location Aware Browsing. The newest version of Firefox is more than two times faster than Firefox 3 and ten times faster than Firefox 2 on complex websites. With extensive under-the-hood work to support new technologies, Firefox 3.5 is the most powerful and complete modern browser and helps upgrade the Web experience. [...]

Eu levo semanas probando as últimas versións beta e release candidate e a velocidade non me pareceu que fose tanta como di a nota de prensa. Pero eu non recomendo Firefox pola súa rapidez, senón pola súa seguridade, pola versatilidade que ofrecen as súas extensións e o seu código aberto, e polo compromiso da Fundación Mozilla co software libre, cos estándares web e cunha internet que sexa patrimonio dos cidadáns e non so do mercado.

Escollan o idioma e o sistema operativo que queiran, porque navegador non o encontrarán millor… :-)

29 Xuño 2009

Decreto 332/2009 (estructura orgánica da Consellería de Educación)

Gardado en: Education, Galicia, Politics — César Salgado @ 22:15

Publicaron no Diario Oficial de Galicia (24 – VI – 2009) o Decreto 332/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Este decreto fai unha relación dos departamentos e servizos da Consellería coas competencias de cada un deles. Un dos puntos novidosos é a transformación das delegacións provinciais (ver Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia) que xa provocou manifestacións en Pontevedra ó crearse unha nova delegación en Vigo…

Páxina web da Asociación Irimia

Gardado en: Galicia, Human Rights, Politics, Religion — César Salgado @ 19:55

Moitos galegos coñecen a revista Irimia, unha publicación peculiar, que chama a atención porque mestura a fe católica co galeguismo, e porque defende ás veces posturas disonantes (ou polo menos esa é a primeira percepción) coas propostas “oficiais” da hierarquía. Aínda que eu non son católico, estiven subscrito a ela durante algún tempo, e mesmo aceptaron publicar un artigo meu sobre os presos. Iso foi a mediados dos noventa. Desde o ano 2000, Vieiros fíxolle sitio a unha edición electrónica da revista, no Canal Irimia.

Outros moitos galegos coñecerán a Romaxe de Crentes Galegos… Hoxe descubrín que os promotores da revista, da romaxe e dalgunhas cousas máis andan a construír unha páxina web propia: Asociación Irimia. Copio un extracto da súa presentación:

[...] Aínda que ciscados, había moita xente en Galicia que se identificaba cun, digamos, proxecto vital que discorre entre as doutrinas do Evanxeo e o sentimento de pertenza á Galeguidade e que tratan de asumir no seu estilo de vida palabras coma diálogo, tolerancia, solidariedade, loita pola liberdade, a xustiza e a paz. Deuse en chamarlles “crentes galegos”.

A “Asociación Irimia” foi fundada en 1978. Desde aquela veu arroupando diversas actividades na liña de promover unha galeguidade cristiá, solidaria cos máis débiles e en diálogo con calquera persoa ou colectivo comprometidos nos mesmos valores. [...]

Sei que non sempre é xusto facer listas, nin negras nin brancas, porque as “listas” levámolas todos (somos “a raias” como as cebras), pero quero que consten algúns nomes. Coñecín xente moi boa en Irimia e quedáronme débedas impagables, intelectuais e espirituais, con Xosé Chao Rego e Xosé Antón Miguélez Díaz. Tamén debo mencionar a Daniel López Muñoz, aínda que non o coñezo en persoa, pois a súa combativa prosa foi durante anos unha bendición para min.

28 Xuño 2009

Eneko: “Televisión”

Gardado en: Education, Humour, Propaganda — César Salgado @ 21:09

Traio hoxe unha viñeta de Eneko publicada no diario gratuíto 20 minutos (24 – VI – 2009). Coñecín a obra de Eneko na magnífica compilación de humor gráfico El viñetódromo.

television

Esta viñeta recorda bastante á que trouxen, tamén de Eneko, hai un ano

“Il” e “iles”, pronomes galegos (“Ben falado!”)

Gardado en: Ben falado, Education, Galicia, Language — César Salgado @ 18:44

Xa falei hai dúas semanas sobre o capítulo do programa “Ben falado!” onde nos explicaban que “ti” e “tu” son dúas variantes, vivas no galego oral, do mesmo pronome persoal suxeito, aínda que nos libros e no estándar do telexornal encontraremos case sempre “ti”.

Hoxe traio outro capítulo deste programa, emitido pola Televisión de Galicia e dirixido por un ilustre investigador do Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades, o paremiólogo Xesús Ferro Ruibal, onde nos completan o panorama coas formas “il” e “iles” (fronte ás formas “el” e “eles” da normativa estándar), facendo notar que a súa distribución xeográfica coincide coa de “tu” e case co territorio das dioceses de Lugo e Ourense. Tamén se mencionan como propias desas zonas as formas dos demostrativos “iste”, “ise” e “aquil” (fronte ás formas “este”, “ese” e “aquel” do estándar):

Debemos agradecer ó canal en YouTube de BreoganTS por estaren alí á nosa disposición os capítulos deste programa, que tan útiles son na escola (polo menos para min).

Xa está “na rúa” a versión 3.2.6 do FileZilla (cliente FTP)

Gardado en: Software — César Salgado @ 18:25

Xa está disponible a nova versión estable (3.2.6) do “cliente” FTP libre e gratuíto FileZilla. Para baixalo, esta é a páxina web:

FileZilla: the free FTP solution.

“Dou ó demo” e “dódemo”, maldición ou negación (“Ben falado!”)

Gardado en: Ben falado, Education, Galicia, Language — César Salgado @ 15:05

Capítulo do programa “Ben falado!” onde se comenta a frase feita dou ó demo, ás veces apocopada como dódemo, que expresa maldición ou negación. Por exemplo:

  • Dou ó demo o amigo que me deixa a palla e me leva o trigo.
  • Dódemo o dente que roe a semente.
  • ¡Dódemo as bicicletas e a quen as inventou!

Este programa emitiuno a Televisión de Galicia e dirixiuno o lingüísta Xesús Ferro Ruibal, especialista en paremioloxía e investigador do Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades:

Debemos agradecer ó canal en YouTube de BreoganTS por estaren alí á nosa disposición os capítulos deste programa, que tan útiles son na escola (polo menos para min).

A gheada na lingua galega (“Ben falado!”)

Gardado en: Ben falado, Education, Galicia, Language — César Salgado @ 14:35

Capítulo do programa “Ben falado!” onde se fala da gheada na lingua galega. Este programa emitiuno a Televisión de Galicia e dirixiuno o lingüísta Xesús Ferro Ruibal, especialista en paremioloxía e investigador do Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades:

Debemos agradecer ó canal en YouTube de BreoganTS por estaren alí á nosa disposición os capítulos deste programa, que tan útiles son na escola (polo menos para min).

Artigos Antigos »

Bloguea en WordPress.com.