Blog de César Salgado

14 Xuño 2009

Xosé Lois e o seu Carrabouxo no programa “Ben falado!”

Gardado en: Ben falado, Galicia, Humour, Language, Politics, Visual arts — César Salgado @ 19:04

Moitos galegos coñecemos ó Carrabouxo, retranqueiro personaxe que dá nome ás viñetas de Xosé Lois González Vázquez, porque estas viñetas aparecen en varios xornais e revistas de Galicia.

Xosé Lois e o seu Carrabouxo saen neste capítulo do programa “Ben falado!”, emitido pola Televisión de Galicia e dirixido por un ilustre investigador do Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades, o paremiólogo Xesús Ferro Ruibal:

Debemos agradecer ó canal en YouTube de BreoganTS por estaren alí á nosa disposición os capítulos deste programa, que tan útiles son na escola (polo menos para min).

1 comentario »

  1. O programa este de Ben Falado, é unha delicia. Non sabía que había tal cousa na tele!

    Comentario�Comentarios por Marcos — 15 Xuño 2009 @ 21:16


RSS feed for comments on this post.

Deixa un comentario

Bloguea en WordPress.com.