Connosco e convosco: fala viva e etimoloxía (“Ben falado!”)
Neste capítulo do programa “Ben falado!”, emitido pola Televisión de Galicia e dirixido por un ilustre investigador do Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades, o paremiólogo Xesús Ferro Ruibal, falan da actual distribución xeográfica dos pronomes connosco e convosco, fronte ás formas “con nós / con nosoutros” e “con vós / con vosoutros”. Tamén se comenta a súa peculiar orixe latina: mecum, tecum, nobiscum, vobiscum…
Debemos agradecer ó canal en YouTube de BreoganTS por estaren alí á nosa disposición os capítulos deste programa, que tan útiles son na escola (polo menos para min).
Aínda non hai comentarios.