Cotovía: Galician and Spanish text-to-speech (“Ben falado!”)
Cotovía é un sistema de conversión texto-voz (text-to-speech) bilingüe para galego e español desenvolvido polo Grupo de Tratamento do Sinal da Universidade de Vigo (España) e un grupo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades. Hai unha versión de demostración online de Cotovía para proba-las principais características do sistema.
Aquí vai unha presentación de Cotovía no programa “Ben falado!”, emitido pola Televisión de Galicia e dirixido por un ilustre investigador do Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades, o paremiólogo Xesús Ferro Ruibal:
Debemos agradecer ó canal en YouTube de BreoganTS por estaren alí á nosa disposición os capítulos deste programa, que tan útiles son na escola (polo menos para min).
Aínda non hai comentarios.