Blog de César Salgado

31 Xullo 2009

LenMus Phonascus

Gardado en: Education, Music, Software — César Salgado @ 09:45

Acabo de encontrar, no blog “Pizarra dixital”, o enlace cun programa que pode ser moi útil en educación musical. Falo do LenMus Phonascus, software libre e gratuíto que vai pola versión 4.0 e que desenvolve un equipo dirixido por Cecilio Salmerón baixo a GNU General Public License. Polo momento funciona en Windows e Linux. Hai versións para varios idiomas, entre eles o galego (traducido por Emilio Mesías e Xema Sanxurxo Rodríguez).

Algunhas das funcións e exercicios que inclúe o programa:

  • Comparación, identificación e construcción de intervalos
  • Identificación de acordes, escalas e cadencias
  • Identificación e construcción de armaduras
  • Asimilación e práctica da lectura rítmica
  • Prácticas de solfexo: partituras compostas polo programa; nunca se repiten
  • Aprendizaxe de claves
  • Editor, aínda en beta, que permite escribir, executar e imprimir partituras

editor de partituras do LenMus

30 Xullo 2009

Xa está “na rúa” o Adobe Flash Player 10.0.32.18

Gardado en: Software — César Salgado @ 21:23

Saíu unha nova versión (10.0.32.18) do Adobe Flash Player. Recoméndase instalar esta nova versión porque corrixe un problema de seguridade da anterior (10.0.22.87). Adobe Flash Player é un complemento gratuíto para Windows, Mac, Linux e outros sistemas operativos. É necesario, por exemplo, para ver no navegador os vídeos de YouTube.

Se usades Mozilla Firefox baixo Windows, recordade facer ademais a instalación do Adobe Flash Player no Internet Explorer, porque este non traballa coa tecnoloxía de plug-ins senón coa de ActiveX e require por tanto unha instalación “desde dentro do navegador”. Microsoft, coma sempre, facilita as cousas ós que so usan programas de Microsoft…

Burundi: Discrimination against Gays and Lesbians (HRW report)

Gardado en: Burundi, Human Rights, Human Rights Watch, Politics — César Salgado @ 21:13

Human Rights Watch publicou onte un pequeno informe sobre a situación dos homosexuais en Burundi. Neste país vén de aprobarse un novo Código Penal que castiga as relacións homosexuais con penas de prisión. As organizacións pro Direitos Humanos consideran que o Direito Penal non debe castigar ningún tipo de relación sexual efectuada entre adultos voluntaria e privadamente. O informe leva por título “Forbidden: Institutionalizing Discrimination against Gays and Lesbians in Burundi”. Copio un extracto da súa introducción:

On April 22, 2009, the president of Burundi, Pierre Nkurunziza, signed into law a new criminal code that contains a provision making sexual relations between people of the same sex illegal for the first time in the country’s history.

The law was a fierce blow to lesbian, gay, bisexual and transgender (LGBT) people in Burundi, who only in recent years, and in very small numbers, had begun to come out, organize, and demand that their rights be respected. The Association for Respect and Rights for Homosexuals (Association pour le Respect et les Droits des Homosexuels, ARDHO), was founded in the capital, Bujumbura, in 2003, initially as a support group for LGBT people. Inspired by what they saw as a global wave in favor of LGBT rights, members began traveling to gay rights conferences in other African countries; educating themselves and others about HIV/AIDS and other sexually transmitted diseases; and speaking out on Burundian radio stations about discrimination they faced in their daily lives.

While some “came out” to their families and friends as gay or lesbian, most remained “closeted” outside of the safe space provided by ARDHO, afraid of rejection or even disownment. [...] Human Rights Watch and 62 other Burundian and international human rights organizations issued a joint statement calling for the provision -–article 567 of the new Criminal Code–- to be removed. The article provides for up to two years in prison for “whoever engages in sexual relations with a person of the same sex.” The organizations stated that the law violates the rights to privacy and to non-discrimination enshrined in the International Covenant on Civil and Political Rights, the African Charter on Human and Peoples’ Rights, and the Universal Declaration of Human Rights. They also expressed concern that the law would hamper Burundi’s efforts to fight AIDS. [...]

Enlaces relacionados:

España: dous policías mortos en atentado

Gardado en: ETA, Human Rights, Spain — César Salgado @ 17:53

Segundo atentado en dous días. Copio un extracto da información que aparece na edición electrónica do diario madrileño El País

ETA mata a dos guardias civiles en la localidad mallorquina de Calvià

Dos jóvenes guardias civiles han muerto en un atentado de ETA registrado entre las 13.30 y las 13.45 junto al cuartel de la Guardia Civil en Palmanova, en el municipio mallorquín de Calvià, en el suroeste de la isla. Se trata del primer atentado con víctimas de la organización terrorista en las Islas Baleares y se produce 24 horas después del ataque a la casa cuartel de Burgos, que no dejó muertos pero sí 66 heridos leves. En estos momentos, el Grupo Especialista en Desactivación de Explosivos del instituto armado (GEDEX) se encuentra desactivando una segunda bomba lapa en otro todoterreno de la Guardia Civil, estacionado también en las proximidades de otro cuartel, el viejo, de la misma localidad de Palmanova.

Los agentes preparan la explosión controlada del coche, que lleva más de un mes en desuso y aparcado. Viviendas y comercios próximos han sido desalojados sobre las 18.00. [...]

El delegado del Gobierno en Baleares, Ramon Socías, ha confirmado que en el ataque no se han registrado heridos al margen de las dos víctimas mortales, en contra de lo que se había informado en un primer momento. Los dos guardias civiles muertos hoy son Carlos Enrique Sáenz de Tejada García y Diego Salvá Lezaun. Sáenz de Tejada era guardia, tenía 28 años, había nacido en Burgos y había recibido su destino hace solo tres días, aunque llevaba en la isla algo más de seis meses; mientras que Salvá Lezaun tenía 27 años, había nacido en Pamplona aunque llevaba muchos años residiendo en Mallorca y era alumno en prácticas desde hace pocos días. Ambos agentes, los dos solteros, iban de paisano, trabajaban en labores de mantenimiento y estaban de servicio en el momento de la explosión. [...]

E copio o que dixen hai seis meses sobre un comunicado de ETA…

Hoxe publicouse un comunicado da banda terrorista ETA. Apareceu so en vasco e non puiden encontra-lo texto traducido a ningún outro idioma, o cal dá certa idea do solipsismo ou esquizofrenia que arrodea ó conflicto. Chamou a miña atención que xustifiquen un asasinato dicindo que, en primeiro lugar, o morto non pagaba o imposto revolucionario (vaia, que se autodefinen como mafiosos) e, en segundo lugar, que dirixía unha empresa que construía infraestructuras “sen debate público”.

So no último ano a banda terrorista ETA fomentou o debate público a través dos seguintes métodos, entre outros: asasinando a un obreiro porque defendía as súas ideas pacificamente dentro dun partido político, poñendo bombas nunha casa-cuartel, en varios medios de comunicación e nun campus universitario, isto último en horario lectivo para que quedase clara a súa intención de promove-lo debate.

E copio o que dixen hai oito meses cando asasinaron un empresario:

O morto é Ignacio Uria Mendizabal, pero tanto ten. Podía ser, como noutras ocasións, un obreiro. Os que o mataron son uns mafiosos, que estigmatizan, deshumanizan e atacan a quen xulgan incompatibles co seu delirante proxecto nacional-socialista. Non poden reclama-lo estatuto de combatentes porque no acto estarían a autoinculparse dun crime de guerra imprescriptible. E algúns que xogan a políticos aínda seguen coa teima esquizofrénica de “lamentar” pero non “condenar”…

29 Xullo 2009

Nomes e voces

Gardado en: Galicia, History, Human Rights, Politics, Spain — César Salgado @ 18:26

Acabo de coñece-lo proxecto de investigación “Nomes e Voces”, que naceu no 2006, a través dun convenio das tres universidades galegas (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña) coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, co obxectivo de estuda-la represión en Galicia durante o golpe de Estado do 1936, a guerra civil e os inicios da dictadura.

Hoxe presentaron a base de datos das víctimas. Copio un extracto da nota de prensa onde se anuncia a presentación:

[...] A base de datos que presentamos dista de ser definitiva, nin polo número, nin polo tempo que durou a represión da ditadura, nin polas formas que esta adquiriu pero todos os datos que presentamos están criticados, cruzados entre diferentes fontes e sometidos polo tanto a unha contrastación e validación que non sempre é doada. Expedientes dos procesos xudiciais (2 608-máis de 400 000 páxinas), rexistros civís dos concellos (310), fonte oral (100 entrevistas das 450 que posúen os fondos do proxecto, e o resto seguirán a incorporarse) e traballos publicados por diferentes autores nas últimas décadas (52).

Este traballo signifícase como unha das iniciativas de recuperación da memoria da represión e do franquismo máis completas no conxunto do Estado. Nos próximos anos, a equipa do proxecto, dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto e coordinado por Emilio Grandio (A Coruña), Mª Jesús Souto (Lugo), Julio Prada (Ourense), Dionisio Pereira (Pontevedra) e Xosé Manoel Núñez (Galicia Exterior) ampliará, nunha segunda fase de desenvolvemento da investigación a cronoloxía das súas pescudas abordando os primeiros anos da instauración da réxime franquista a partires de 1940. [...]

Syria: No Exceptions for “Honor Killings” (HRW press release)

Gardado en: Human Rights, Human Rights Watch, Politics, Syria — César Salgado @ 08:29

Human Rights Watch publicou onte unha nota de prensa sobre o recente cambio no código penal de Siria, que condena a penas leves ós que cometen un “crime de honor”, isto é, ós que asasinan unha muller por cometer un “acto sexual ilexítimo”. Este cambio é un avance (antes os “crimes de honor” non recibían castigo ningún) pero segue a constituír unha gravísima discriminación entre uns asasinatos e outros e perpetúa o statu quo onde as mulleres carecen dos Direitos Humanos fundamentais. Copio a nota de prensa a continuación:

Syria: No Exceptions for ‘Honor Killings’. Penal Code Change Positive, but it Still Eases Punishment for Some Who Murder Women

July 28, 2009

The Syrian government should treat all murders alike and not make exceptions for so-called “honor killings,” Human Rights Watch said today. On July 1, 2009, President Bashar al-Assad abolished Article 548 of the Penal Code, which had waived punishment for a man found to have killed a female family member in a case “provoked” by “illegitimate sex acts,” as well as for a husband who killed his wife because of an extramarital affair. The article also lowered penalties if a killing was found to be based on a “suspicious state” concerning a female family member. The article that replaced it still allows for mitigated punishment for “honor killings,” but requires a sentence of at least two years.

“Two years is better than nothing, but it is hardly enough for murder,” said Nadya Khalife, Middle East and North Africa women’s rights researcher at Human Rights Watch. “The Syrian government should punish all murders alike – no exceptions.”

The new text of Article 548 reads: “He who catches his wife, sister, mother or daughter by surprise, engaging in an illegitimate sexual act and kills or injures them unintentionally must serve a minimum of two years in prison.” In the previous text, the killer benefited from a complete “exemption of penalty”.

Syria does not maintain definitive data on these killings, usually by family members who consider the woman to have done something to shame the family or harm its reputation. On March 29, 2006, Al-Thawra newspaper reported an estimate of about 40 such killings a year. The Syrian Women Observatory, an independent Syrian website that addresses discrimination against women, estimates that there are nearly 200 such killings each year. If this figure is correct, on average, 16 Syrian women are killed by relatives every month, in a country with a population of approximately 18 million.

In 2008, the National Forum on Honor Crimes, sponsored by the Syrian Commission for Family Affairs (SCFA) in cooperation with the Ministry of Justice and the Ministry of Religious Endowments, set out a number of key recommendations, including repealing Article 548. It also recommended amending Article 192, which states that if a killing was based on an honorable intent, the judge has a number of options for reduced sentences, including short-term detention or imprisonment.

“The recommendations set out at the National Forum showed the government the way forward,” said Khalife. “But there is a long way to go to rid Syria of this vicious practice.”

Another article, 242, allows a judge to reduce the punishment both of men and women in cases in which a murder is committed in rage and motivated by an illegal act provoked by the victim. Extra-marital affairs are illegal in Syria.

“You cannot abolish one penal code provision that protects these killers and leave others intact.” Khalife said. “Article 548 was a start. Now the government needs to reform all the articles in the criminal code that treat those who say they kill for ‘honor’ differently from other murderers.”

Also available in العربية

España: atentado contra vivendas de policías

Gardado en: ETA, Human Rights, Spain — César Salgado @ 07:37

Copio un extracto da información que aparece a primeira hora da mañá na edición electrónica do diario madrileño El Mundo

Una bomba de ETA deja 46 heridos en un cuartel de la Guardia Civil en Burgos

Entre los heridos hay dos mujeres embarazadas y seis niños. El ministro del Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, viaja esta mañana a Burgos. El delegado de la Junta afirma que es un ‘milagro’ que no haya habido muertos. La banda no realizó ninguna llamada para avisar de la colocación de la bomba.

Europa Press / elmundo.es. Burgos.

Una furgoneta bomba de ETA con 200 kilos de explosivo ha hecho explosión en torno a las cuatro de la madrugada de este miércoles junto a la casa cuartel de la Guardia Civil en Burgos, entre la calle de Jerez y la avenida de Cantabria, según informaron fuentes policiales que confirmaron la existencia de hasta 46 heridos, entre ellos varios guardias civiles, dos mujeres embarazadas y seis niños, si bien todos ellos de carácter leve.

La mayoría de los heridos sufrieron el alcance de cristales rotos de estos inmuebles; 38 de ellos fueron trasladados al hospital General Yagüe. Asimismo, en el gimnasio de las instalaciones de la Policía Local se ha instalado un puesto médico avanzado para atenderlos. El Grupo de Intervención Psicológica en Desastres y Emergencias atiende a los miembros de las 43 familias afectadas.

El vehículo, que fue aparcado a eso de las 2.00 horas en la parte posterior del cuartel, donde residen los agentes con sus familias, provocó un enorme cráter en el suelo así como cuantiosos daños en el mismo edificio, afectando a sus 14 plantas, de las que las dos primeras quedaron totalmente destrozadas.

Asimismo, la onda expansiva causó destrozos en varios edificios colindantes, entre ellos las oficinas de la Policía Local y se rompieron algunas canalizaciones de agua. Se investiga qué tipo de vehículo fue utilizado, aunque la Policía dice que “está completamente destrozado y sus restos están calcinados”. En total, fueron evacuadas 118 personas, según informó el delegado del Gobierno en Castilla y León, Miguel Alejo. [...]

E copio o que dixen hai seis meses sobre un comunicado de ETA, porque diante dunha acción covarde que puido causar un masacre entre as familias dos policías (non combatentes aínda que un adoptase a visión esquizofrénica de que isto é un “conflicto armado” no cal os policías son combatentes) é difícil escribir palabras “equilibradas”…

Hoxe publicouse un comunicado da banda terrorista ETA. Apareceu so en vasco e non puiden encontra-lo texto traducido a ningún outro idioma, o cal dá certa idea do solipsismo ou esquizofrenia que arrodea ó conflicto. Chamou a miña atención que xustifiquen un asasinato dicindo que, en primeiro lugar, o morto non pagaba o imposto revolucionario (vaia, que se autodefinen como mafiosos) e, en segundo lugar, que dirixía unha empresa que construía infraestructuras “sen debate público”.

So no último ano a banda terrorista ETA fomentou o debate público a través dos seguintes métodos, entre outros: asasinando a un obreiro porque defendía as súas ideas pacificamente dentro dun partido político, poñendo bombas nunha casa-cuartel, en varios medios de comunicación e nun campus universitario, isto último en horario lectivo para que quedase clara a súa intención de promove-lo debate.

E copio o que dixen hai oito meses cando asasinaron un empresario:

O morto é Ignacio Uria Mendizabal, pero tanto ten. Podía ser, como noutras ocasións, un obreiro. Os que o mataron son uns mafiosos, que estigmatizan, deshumanizan e atacan a quen xulgan incompatibles co seu delirante proxecto nacional-socialista. Non poden reclama-lo estatuto de combatentes porque no acto estarían a autoinculparse dun crime de guerra imprescriptible. E algúns que xogan a políticos aínda seguen coa teima esquizofrénica de “lamentar” pero non “condenar”…

28 Xullo 2009

Xa está “na rúa” o VLC media player 1.0.1

Gardado en: Music, Software, Visual arts — César Salgado @ 20:23

Xa se pode descargar, libre e gratuíto, o VLC media player 1.0.1, con versións para Windows, Mac, Linux e outros sistemas operativos. Copio e pego un breve texto onde se describe este programa:

VLC media player is a highly portable multimedia player for various audio and video formats (MPEG-1, MPEG-2, MPEG-4, DivX, mp3, ogg, …) as well as DVDs, VCDs, and various streaming protocols. It can also be used as a server to stream in unicast or multicast in IPv4 or IPv6 on a high-bandwidth network.

Para saber un pouco máis sobre os formatos que reproduce, mirade a sección VLC features list.

Artigos Antigos »

Bloguea en WordPress.com.