Blog de César Salgado

9 Xullo 2009

Google Chrome OS

Gardado en: Education, Software — César Salgado @ 21:48

Google está a preparar un sistema operativo gratuíto e de código aberto para netbooks. Queren facelo lixeiro e rápido para que o usuario poida acceder a internet en poucos segundos. A empresa calcula que estará disponible na segunda metade do 2010, e probablemente será un duro competidor para Microsoft Windows nesa clase de computadoras.

Este sistema operativo, aínda en proxecto, chámase Google Chrome OS, e non debe confundirse co navegador Google Chrome (do cal toma o seu nome) nin co sistema operativo Android, desenvolvido por Google e outras empresas para teléfonos móbiles.

Este anuncio dun sistema operativo aberto, gratuíto, lixeiro e usable pode significar unha revolución para o mundo educativo. Teremos que estar atentos ás evolucións do proxecto. Esta é a noticia na súa fonte orixinal: “Introducing the Google Chrome OS”.

Aínda non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS feed for comments on this post.

Deixa un comentario

Bloguea en WordPress.com.