Coro de Cámara “Giovanni Bardi”
Nestes vídeos podemos escoitar ó Coro de Cámara “Giovanni Bardi” (Lanzarote, España; directora: Josefina González Gil), acompañado polo grupo instrumental “Hexacordo” (Cuenca, España). O repertorio é unha marabilla. Hai algún semitono que non queda claro, e a gravación podía ser millor, pero son cousas do directo… :-) Habedes encontrar máis vídeos no canal en YouTube do Coro de Cámara “Giovanni Bardi”, e partituras (edicións prácticas) para moitas destas pezas na Choral Public Domain Library.
Antonio de Ribera (do Cancionero de Palacio, compilado arredor do 1510): “Por unos puertos arriba”
Gabriel Mena (do Cancionero de Palacio, compilado arredor do 1510): “De la dulce mi enemiga”
Alonso Mudarra (dos “Tres libros de música en cifra para vihuela” publicados no 1546): “Claros y frescos ríos”
Diego Pisador (do “Libro de música de vihuela”, publicado no 1552): “La mañana de san Juan”
Juan Arañés (primeira metade do século XVII): “Un sarao de la chacona”
Aínda non hai comentarios.