LenMus Phonascus
Acabo de encontrar, no blog “Pizarra dixital”, o enlace cun programa que pode ser moi útil en educación musical. Falo do LenMus Phonascus, software libre e gratuíto que vai pola versión 4.0 e que desenvolve un equipo dirixido por Cecilio Salmerón baixo a GNU General Public License. Polo momento funciona en Windows e Linux. Hai versións para varios idiomas, entre eles o galego (traducido por Emilio Mesías e Xema Sanxurxo Rodríguez).
Algunhas das funcións e exercicios que inclúe o programa:
- Comparación, identificación e construcción de intervalos
- Identificación de acordes, escalas e cadencias
- Identificación e construcción de armaduras
- Asimilación e práctica da lectura rítmica
- Prácticas de solfexo: partituras compostas polo programa; nunca se repiten
- Aprendizaxe de claves
- Editor, aínda en beta, que permite escribir, executar e imprimir partituras
