Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Jakintza Ikastola

Vexo na bitácora de Ángel Vázquez Hernández que o Goberno vasco compra 20 000 miniportátiles para uso escolar con Microsoft Windows e Microsoft Office. É un escándalo que en tempo de crise, habendo alternativas libres e gratuítas, as computadoras leven un sistema operativo de pago e de código pechado, que secuestra ós usuarios cun único servizo técnico autorizado.

¿Será posible que o lehendakari dixese que os programas de Microsoft son os únicos que están en vasco? Como non pode ser ignorancia, unha declaración así so pode ser hipocrisía pura. Non é tan difícil traducir OpenOffice.org… incluso hai versión en galego, e de feito xa hai OpenOffice.org en euskara. Para o sistema operativo, encontramos unha gráfica refutación na Jakintza Ikastola de Ordizia:

Aquí os rapaces facendo un pouco de publicidade viral barata. Profes: hai que coidar cada detalle… :-/

P. S. Sobre as mentiras do lehendakari, aquí van dous vídeos que tomo do artigo Señor López, ¿realmente apoya el software libre? (segunda carta) aparecido no blog medinapatasarriba.com.

Primeira mentira: “los ordenadores van a tener un arranque dual, Ubuntu con OpenOffice o Windows con Microsoft Office” [isto pode facerse máis tarde, digamos que é unha verdade a medias] …

Segunda mentira: “se ha elegido el software de Microsoft porque es el único que estaba en euskera” [esta mentira é das que fan medra-lo nariz de Pinocchio] …

P. S. Lede tamén “Patxi López (me) defrauda”, artigo que sobre esta cuestión escribiu o profesor Pablo Garaizar Sagarminaga.

14 Agosto 2009 Publicado por | Education, Software, Spain | 1 comentario