Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Xa está “na rúa” o Mozilla Firefox 3.5.3

Hoxe (09/09/09) saíu unha nova versión estable do Mozilla Firefox, a 3.5.3, corrixindo problemas de rendemento e seguridade da versión anterior. Se xa o usades habedes recibir un aviso para descargar e instalar unha actualización. Se aínda non o usades ou queredes descargar un instalador offline, escollede o idioma e o sistema operativo que queirades, porque navegador non o habedes atopar millor… :-)

Unha novidade: agora Firefox avisa, despois da instalación, se encontra unha versión non actualizada (e por tanto non segura) do Adobe Flash Player, usado entre outras cousas para reproducir vídeos de YouTube… Recomendo “desmarcar” calquera instalación opcional que Adobe ofrece “gratis” xunto co Flash Player. E se usades Windows, recordade que este plugin non serve para Internet Explorer (a IE hai que instalarlle por separado outro Flash Player á medida).

9 Setembro 2009 - Publicado por | Mozilla Firefox, Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s