Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Biblioteca da Tradución Galega

Coñezo a través de chuza! un interesante proxecto que naceu na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Copio a presentación da súa páxina web:

O grupo BITRAGA elabora dende o ano 2004 a Biblioteca da Tradución Galega que contén a referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos cara a e dende a lingua galega; co obxectivo de proxectar a importancia política e cultural da produción traducida.

Este catálogo favorece o intercambio científico dos datos con todas aquelas persoas interesadas neste ámbito de coñecemento: tradutoras/es, editoriais, asociacións profesionais, asociacións de escritores, comunidade académica, así como calquera outra institución, organismo público e privado.

Nesta primeira fase, a Biblioteca da Tradución Galega recolle as traducións literarias publicadas no período 1980-2008. Este proxecto está aberto ás súas suxestións ou ampliacións co fin de enriquecer este catálogo, aínda en versión provisional.

2 Outubro 2009 Publicado por | Galicia, Language, Literature | Deixar un comentario