Xa está “na rúa” o Sumatra PDF viewer 1.0.1
Un dos problemas do Adobe Reader, o programa máis usado para ler documentos PDF, é o seu “peso”. Unha boa alternativa, que encontrei en pdfreaders.org, lixeira, libre e gratuíta, aínda que so para Windows, é o Sumatra PDF viewer, que acaba de poñer “na rúa” a súa versión 1.0.1. Este é un extracto da súa presentación:
- Sumatra PDF is a slim, free, open-source PDF viewer for Windows. Portable out of the box.
- Sumatra has a minimalistic design. Simplicity has a higher priority than a lot of features.
- It’s small and starts up very fast.
- It’s designed for portable use: only one file so you can run it from external USB drive. Doesn’t write to registry.
- Sumatra PDF is distributed under GPLv3 license.
- Sumatra is written by Krzysztof Kowalczyk.
- Download from here.
Para internet vai moi ben, eu tiña problemas co Adobe Acrobat, atascábase continuamente.
Sumatra non ten ferramentas interesantes do Adobe Acrobat, como as capturas de partes do documento e a conversión a texto editable. Para traballo “na casa” convén conservar o Adobe, pero para internet é moito máis fiable Sumatra.
(Digo isto sen coñecer aínda esa nova versión)
E, o fundamental, Sumatra é Software Libre. E a máis da filosofía, aforra cantidade de problemas que trae sempre o software privativo.
- Windows? – Dende “O Lado Escuro da Fenda Dixital”: Algúns non temos máis remedio, ou case, que usalo. Cando estea na “Bright Side of The Digital-Web Life”, by by Windows!
Comentario por K. Gregorovius | 28 Novembro 2009 |
Graciñas polo comentario. Se non entendo mal, dixeches que Sumatra non permite copiar texto. Pero eu si puiden. Para seleccionalo usei CTRL + left click, e para copialo CTRL + C.
Comentario por César Salgado | 28 Novembro 2009 |
Debe ser porque teño a versión 0.9.4.
Xa descarguei a que anuncias.
A ver se nun momento de vacacións se fai/fago a traducción ao galego.
Comentario por K. Gregorovius | 29 Novembro 2009 |
Vaia. Perdón. Xa está traducido.
E copia tanto texto coma imaxes bárbaro.
Magnífico programa!
Comentario por K. Gregorovius | 29 Novembro 2009 |