Alberto Gil: “La censura cinematográfica en España”
Acabei de ler estes días un interesante libro titulado “La censura cinematográfica en España” (autor: Alberto Gil García; Ediciones B, Barcelona, 2009; ISBN: 9788466640596). O libro, baseado nos expedientes do Archivo General de la Administración, analiza os motivos polos cales os censores, durante a dictadura franquista, decretaron a prohibición de moitas películas, impoñendo cortes ou modificación de dobraxes noutras. Destaca o papel dos censores que representaban á Igrexa Católica, con direito de veto.
Pero coidémonos de pensar que a censura é cousa do pasado. Hoxe a censura cambiou de formas, é máis sutil. E a enxeñería social é moito máis refinada. Estamos sobresaturados coa desinformación e coa propaganda, desensibilizados fronte á violencia ou fronte á pornografía, adormecidos co panem et circenses.