E iso… ¿onde vén sendo?
Unha pequena cura de humildade para etnocéntricos…
No mundo, segundo a Wikipedia, hai 61 cidades con máis de 3 000 000 de habitantes. Téñase en conta que esta lista se compón principalmente de cidades strictu senso e evita no posible o reconto de aglomeracións urbanas, conurbacións, áreas metropolitanas, LUZ e similares. As quince primeiras cidades:
- Mumbai, 13 922 125
- Shanghai, 13 831 900
- Karachi, 12 991 000
- Delhi, 12 259 230
- Istanbul, 11 372 613
- São Paulo, 11 037 593
- Moscow, 10 508 971
- Seoul, 10 456 034
- Beijing, 10 123 000
- Mexico City, 8 841 916
- Tokyo, 8 795 000
- Jakarta, 8 489 910
- New York City, 8 363 710
- Wuhan, 8 001 541
- Lagos, 7 937 932
As únicas cidades da Unión Europea que aparecen na lista son Londres, no posto 19, con 7 556 900 habitantes; Berlín, no posto 53, con 3 426 354; e Madrid, no posto 56, con 3 213 271. Podemos ver noutra lista como, na Unión Europea, hai so 5 cidades que superan os 2 000 000 de habitantes (as citadas Londres, Berlín e Madrid, máis Roma e París); e menos de 20 cidades que superan 1 000 000 de habitantes, cando so na India hai máis de 40…
Fagamos un experimento: situar no mapa as 61 cidades da primeira lista que citei, sen mirar a que país pertencen, e logo non burlarse do estranxeiro que non sabe onde está a nosa provincia…