Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Praetorius: “Es ist ein Ros entsprungen”

Even a non-Christian like me can share some deep religious mysteries. For example, “Es ist ein Ros entsprungen” by one of my favourite composers, Michael Praetorius (1571 – 1621). A slightly arranged version, with some pictures I would not endorse, but thank God I can close my eyes at any time… :-)

Es ist ein Ros entsprungen,
aus einer Wurzel zart.
Wie uns die Alten sungen,
von Jesse war die Art.
Und hat ein Blümlein bracht;
mitten im kalten Winter,
wohl zu der halben Nacht.

Das Röslein, das ich meine,
davon Jesaia sagt:
hat uns gebracht alleine
Marie die reine Magd.
Aus Gottes ew’gem Rat,
Hat sie ein Kind geboren,
Und blieb ein reine Magd.

[there are some minor text changes in this performance; a good source could be The Lied and Art Song Texts Page]

Or a laughing baby that turns us crazy, as noted by Erasmus of Rotterdam in his book The Praise of Folly (ca. 1510)…

25 Decembro 2009 Publicado por | Michael Praetorius, Music, Religion, Vocal music | Deixar un comentario

Pancracio Celdrán: “Refranes de nuestra vida”

Un libro que estou a ler e recomendo ós interesados na paremioloxía ou tamén como lectura recreativa; salpicado de referencias ós clásicos da literatura universal, especialmente da literatura en español, pero fácil de seguir pois combina a erudición coa fraseoloxía da fala cotidiana. O autor é moi coñecido pola súas intervencións no programa “No es un día cualquiera”, emitido por Radio Nacional de España nas mañás da fin de semana…

  • Pancracio Celdrán Gomariz: “Refranes de nuestra vida: con su explicación, uso y origen” (Viceversa, Barcelona, 2009; ISBN: 9788492819041)

25 Decembro 2009 Publicado por | Education, Language, Literature | Deixar un comentario

E iso… ¿onde vén sendo?

Unha pequena cura de humildade para etnocéntricos…

No mundo, segundo a Wikipedia, hai 61 cidades con máis de 3 000 000 de habitantes. Téñase en conta que esta lista se compón principalmente de cidades strictu senso e evita no posible o reconto de aglomeracións urbanas, conurbacións, áreas metropolitanas, LUZ e similares. As quince primeiras cidades:

  1. Mumbai, 13 922 125
  2. Shanghai, 13 831 900
  3. Karachi, 12 991 000
  4. Delhi, 12 259 230
  5. Istanbul, 11 372 613
  6. São Paulo, 11 037 593
  7. Moscow, 10 508 971
  8. Seoul, 10 456 034
  9. Beijing, 10 123 000
  10. Mexico City, 8 841 916
  11. Tokyo, 8 795 000
  12. Jakarta, 8 489 910
  13. New York City, 8 363 710
  14. Wuhan, 8 001 541
  15. Lagos, 7 937 932

As únicas cidades da Unión Europea que aparecen na lista son Londres, no posto 19, con 7 556 900 habitantes; Berlín, no posto 53, con 3 426 354; e Madrid, no posto 56, con 3 213 271. Podemos ver noutra lista como, na Unión Europea, hai so 5 cidades que superan os 2 000 000 de habitantes (as citadas Londres, Berlín e Madrid, máis Roma e París); e menos de 20 cidades que superan 1 000 000 de habitantes, cando so na India hai máis de 40

Fagamos un experimento: situar no mapa as 61 cidades da primeira lista que citei, sen mirar a que país pertencen, e logo non burlarse do estranxeiro que non sabe onde está a nosa provincia…

23 Decembro 2009 Publicado por | Education, Geography | Deixar un comentario

Non so de TIC vive o home…

Unha páxina moi boa, que recolle humor gráfico de medios escritos e virtuais, e que xa recomendei algunha outra vez é “El viñetódromo”. Hoxe quédome con esta viñeta de Andrés Rábago, quen asinaba co pseudónimo “Ops” durante a dictadura e agora é coñecido como “El Roto” (El País, 21 – V – 2009):

El Roto, 21 - V - 2009

22 Decembro 2009 Publicado por | Education, Humour, Propaganda | Deixar un comentario

Free software for guitarists

Tomo nota de dúas reseñas publicadas por Mancomún sobre programas relacionados coa música, se ben considero que os afinadores electrónicos non serven para o temperamento de voces ou instrumentos acústicos.

Estes son os artigos: “Cinco aplicativos GNU/Linux esenciais para guitarristas” (15 – XII – 2009) e “LINGOT, un afinador de instrumentos libre para GNU/Linux” (21 – XII – 2009).

22 Decembro 2009 Publicado por | Education, Music, Software | Deixar un comentario

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.