Aprender algo é como descubrir un iceberg
¿Que sucede cando aprendo algo? O meu saber, ¿é maior ou menor que antes? A miña ignorancia, ¿é maior ou menor que antes? A miña resposta é a mesma nos dous casos: cando aprendo algo, o meu saber medra e a miña ignorancia medra tamén.
Eu comparo o proceso de aprender co de descubrir un iceberg. O que vemos é 1/10 do volume. O que permanece oculto son 9/10. Por cada cousa que aprendemos, aumenta o noso saber, pero aumenta moito máis a nosa ignorancia.
Aprender so o que está na superficie, facer un reconto de icebergs, é o que Paulo Freire chamou “educación bancaria”. A verdadeira liberación implica unha “educación problematizadora”, que nos faga conscientes de que existen aspectos que ignoramos, por estaren ocultos baixo a superficie…
Aínda non hai comentarios.