Piccinini: Corrente VI “L’Alemana” (Valéry Sauvage, theorbo)
O traballo máis coñecido do compositor Alessandro Piccinini (1566 – ca. 1638) son dous libros de música para laúde: Intavolatura di liuto et di chitarrone, libro primo (Bologna, 1623) e Intavolatura di liuto (Bologna, 1639), este último publicado postumamente polo seu fillo Leonardo Maria Piccinini. A colección do 1623 é moi importante porque, no extenso prefacio, inclúe un detallado manual de interpretación e afirma ser o inventor do arquilaúde. Piccinini fixo tamén importantes modificacións no chitarrone (tiorba).
Valéry Sauvage toca aquí a Corrente VI, “L’Alemana”, nunha tiorba construída polo luthier Didier Jarny…
Aínda non hai comentarios.