Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Márta Sebestyén e Muzsikás: “Hidegen fújnak a szelek”

[What I think: Even if we were given a hundred lives to spend studying it, we would never be able to appreciate folk music as much as it deserves...] Sigo en galego: Aínda que nos desen un cento de vidas para pasalas estudándoa, nunca seríamos capaces de aprecia-la música popular (folclórica) tanto como merece… Intérpretes da canción: Márta Sebestyén e Muzsikás. Título (primeiro verso): “Hidegen fújnak a szelek”. Orixe da canción: Ördöngösfüzes (Mezőség, nowadays in Romania).

Hungarian lyrics:

Hidegen fújnak a szelek
Azok nem jót jelentenek

Szabad élet szabad madár
Jaj de szép ki szabadon jár

Járnék én is ha járhatnék
Ha magammal szabad lennék

Nem vagyok magammal szabad
Kezemen lábamon lakat

Hidegen fújnak a szelek
Azok nem jót jelentenek

English translation (rough):

Cold winds are blowing.
Those are bad omen.

Free life, free bird.
Oh, how beautiful who walks free.

I’d walk too, if I could.
If I were free myself.

I’m not free myself.
Locks are on my hands and feet.

Cold winds are blowing.
Those are bad omen.

12 Maio 2010 Publicado por | Folklore, Music, Vocal music | Deixar un comentario

ikiMap beta

Coñezo, a través do incansable Alberto Armada, un servizo para crear e compartir mapas. Chámase ikiMap e os de Sixtema (unha empresa galega!) aínda o teñen en fase de desenvolvemento (beta), pero xa permite crear contas de usuario e mapas. Máis información nesta entrada do blog IDEE.

Un exemplo de mapa creado con ikiMap: distribución xeográfica dos premios Nobel de Literatura. Unha imaxe vale máis que mil palabras para explicar que é o etnocentrismo

Isto que poño máis abaixo é o primeiro mapa que fago, para situar Cambre no mundo. Marquei “a ollo” Cambre (teño moi mala memoria e nunca me acordo onde deixei o carro), Madrid (non logro quita-la etiqueta “Spain” de sitios como Facebook e YouTube) e Bordeos (si, son bastante borde)… :-P

12 Maio 2010 Publicado por | Education, Galicia, Geography | Deixar un comentario

Esponear

Oínlle a palabra esponear a un amigo da Pontenova, concello galego que linda con Asturias. Como non coñecía a palabra, pregunteille que significaba, e díxome que “facer xestos para chama-la atención de alguén”. Sería pois sinónimo de acenar, palabra antiga no galego (ver Dicionario de dicionarios do ILG) e compartida co portugués (ver Dicionário Priberam da Língua Portuguesa).

Non encontrei esponear en dicionario ningún, galego, portugués ou español, pero si a variante esponiar, no Dicionário Electrónico Estraviz, e antes no Vocabulario de San Xurxo de Piquín (Aníbal Otero Álvarez, 1977; ver referencia no Dicionario de dicionarios do ILG)…

  • Gesticular com os braços, em especial para espantar uma rês.
  • Sacudir os cornos ou o rabo uma vaca.

Ignoro a procedencia da palabra e teño que contentarme facendo hipóteses sen consistencia etimolóxica. Misturando semellanzas fónicas e semánticas, quizá estea relacionado con espoldrexar, que segundo o Dicionario de Galego Ir Indo significaría “[...] Dar brincos ou choutos un poldro. [...] Brincar ou saltar unha persoa. [...] Botarse un animal ao chan e dar voltas sobre el coas patas cara a arriba. [...] Sacudir as aves as súas ás na auga ou na terra para espelilas.” ou con espolonear, que segundo a RAE (Diccionario de la lengua española) significa “Picar con el espolón a la caballería”.

12 Maio 2010 Publicado por | Galicia, Language | Deixar un comentario