ikiMap beta
Coñezo, a través do incansable Alberto Armada, un servizo para crear e compartir mapas. Chámase ikiMap e os de Sixtema (unha empresa galega!) aínda o teñen en fase de desenvolvemento (beta), pero xa permite crear contas de usuario e mapas. Máis información nesta entrada do blog IDEE.
Un exemplo de mapa creado con ikiMap: distribución xeográfica dos premios Nobel de Literatura. Unha imaxe vale máis que mil palabras para explicar que é o etnocentrismo…
Isto que poño máis abaixo é o primeiro mapa que fago, para situar Cambre no mundo. Marquei “a ollo” Cambre (teño moi mala memoria e nunca me acordo onde deixei o carro), Madrid (non logro quita-la etiqueta “Spain” de sitios como Facebook e YouTube) e Bordeos (si, son bastante borde)… :-P
Aínda non hai comentarios.
