Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Naceu o proxecto WebM

Onte puido ser un día para a Historia. Polo menos no que atinxe á liberdade de acceso á información en soportes audiovisuais a través de internet. Naceu o proxecto WebM, da man de Google, que liberou o codec VP8, e dun grande grupo de fabricantes de software e hardware (Mozilla Firefox desde o primeiro día, sacando unha nightly build 3.7a4webm; ollo: so para expertos). Esta é a presentación do proxecto; ver tamén as FAQ (preguntas frecuentes)

What is WebM?
WebM is an open, royalty-free, media file format designed for the web.

WebM defines the file container structure, video and audio formats. WebM files consist of video streams compressed with the VP8 video codec and audio streams compressed with the Vorbis audio codec. The WebM file structure is based on the Matroska container.

For more information about WebM, see the FAQ.

Developers: To get involved visit our Code page.

Benefits of WebM

  • Openness and innovation. A key factor in the web’s success is that its core technologies such as HTML, HTTP, and TCP/IP are open for anyone to implement and improve. With video being core to the web experience, a high-quality, open video format choice is needed. WebM is 100% free, and open-sourced under a BSD-style license.
  • Optimized for the web. Serving video on the web is different from traditional broadcast and offline mediums. Existing video formats were designed to serve the needs of these mediums and do it very well. WebM is focused on addressing the unique needs of serving video on the web.
    • Low computational footprint to enable playback on any device, including low-power netbooks, handhelds, tablets, etc.*
    • Simple container format
    • Highest quality real-time video delivery
    • Click and encode. Minimal codec profiles, sub-options; when possible, let the encoder make the tough choices.

* Note: The initial developer preview releases of browsers supporting WebM are not yet fully optimized and therefore have a higher computational footprint for screen rendering than we expect for the general releases. The computational efficiencies of WebM are more accurately measured today using the development tools in the VP8 SDKs. Optimizations of the browser implementations are forthcoming.

Un par de anotacións que falan do asunto con coñecemento de causa, recén chegadas desde o planeta Mozilla:

20 Maio 2010 Publicado por | Mozilla Firefox, Software | Deixar un comentario

Coro da cantata BWV 26 “Ach wie flüchtig, ach wie nichtig” (J. S. Bach-Stiftung St. Gallen)

Traio hoxe un coro da cantata “Ach wie flüchtig, ach wie nichtig”, BWV 26, de Johann Sebastian Bach (1685 – 1750). Os intérpretes son o coro e a orquestra da J. S. Bach-Stiftung St. Gallen (venden as súas gravacións na online shop da súa páxina web, e teñen ademais o seu canal en Vimeo, o seu canal en YouTube, a súa páxina en MySpace e a súa páxina en Facebook).

Se hai aspectos que vos parecen fútiles nesta música é porque Bach fixo ben o seu traballo, acomodando o acompañamento instrumental ao texto: “Que efémera e vana é a vida humana; érguese e logo desaparece como a néboa”. Nótese que as dúas palabras que veñen escritas con letras maiúsculas fan un anagrama: invertindo a orde das letras de Nebel, “néboa”, temos Leben, “vida”.

Ach wie flüchtig,
ach wie nichtig
ist der Menschen LEBEN!
Wie ein NEBEL bald enstehet
und auch wie der bald vergehet
so ist unser LEBEN, sehet!

Na páxina bach-cantatas.com podedes encontrar:

Para contrastar estilos, aquí está a obra completa interpretada por Harnoncourt (non sei se vai durar moito, dada a política de denuncias que leva a cabo o Warner Music Group)…

1/2: http://www.youtube.com/watch?v=7M3uLiuYEz8
2/2: http://www.youtube.com/watch?v=6swgEeFhdpA

E máis interpretacións recollidas polo blog de Franz Silvestri.

20 Maio 2010 Publicado por | Johann Sebastian Bach, Music, Philosophy, Poetry, Religion, Vocal music | 1 comentario