Coro da cantata BWV 26 “Ach wie flüchtig, ach wie nichtig” (J. S. Bach-Stiftung St. Gallen)
Traio hoxe un coro da cantata “Ach wie flüchtig, ach wie nichtig”, BWV 26, de Johann Sebastian Bach (1685 – 1750). Os intérpretes son o coro e a orquestra da J. S. Bach-Stiftung St. Gallen (venden as súas gravacións na online shop da súa páxina web, e teñen ademais o seu canal en Vimeo, o seu canal en YouTube, a súa páxina en MySpace e a súa páxina en Facebook).
Se hai aspectos que vos parecen fútiles nesta música é porque Bach fixo ben o seu traballo, acomodando o acompañamento instrumental ao texto: “Que efémera e vana é a vida humana; érguese e logo desaparece como a néboa”. Nótese que as dúas palabras que veñen escritas con letras maiúsculas fan un anagrama: invertindo a orde das letras de Nebel, “néboa”, temos Leben, “vida”.
Ach wie flüchtig,
ach wie nichtig
ist der Menschen LEBEN!
Wie ein NEBEL bald enstehet
und auch wie der bald vergehet
so ist unser LEBEN, sehet!
Na páxina bach-cantatas.com podedes encontrar:
- o texto completo do poema (obra de Michael Franck), en alemán e traducido ao inglés; nótese que, das 13 estrofas, Bach so usa para esta cantata a primeira (neste coro inicial) e a última (no coral final); son anónimos os textos das arias e recitativos
- unha lista de gravacións, comentarios e enlaces cos textos da cantata (en alemán e traducidos a outros idiomas)
- unha pequena historia da melodía coral que fai de cantus firmus nesta cantata
Para contrastar estilos, aquí está a obra completa interpretada por Harnoncourt (non sei se vai durar moito, dada a política de denuncias que leva a cabo o Warner Music Group)…
1/2: http://www.youtube.com/watch?v=7M3uLiuYEz8
2/2: http://www.youtube.com/watch?v=6swgEeFhdpA
E máis interpretacións recollidas polo blog de Franz Silvestri.
Hi César,
Thank you so much for the post about J. S. Bach-Stiftung, what a big surprise!
Kind regards from Switzerland
Comentario por J. S. Bach-Stiftung | 7 Xuño 2010 |