Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

toupa.net

Acabo de coñecer a tenda “online” toupa.net, que pretende concentrar os dispersos catálogos da cultura galega (non sempre accesibles nos canais de distribución hexemónicos) e poñelos a disposición de particulares, centros educativos, bibliotecas, etcétera. Traballan con:

  • libros (a min, como mestre e pai, interésame en especial a sección infantil)
  • música (desde a tradicional á clásica)
  • audiovisual
  • banda deseñada

O proxecto ten un comezo prometedor e eu deséxolle o millor dos éxitos.

P. S. (1 – VI – 2010). Fixen a miña primeira encarga (catro artigos de catro editoras distintas) cando escribín esta anotación (xoves pola mañá), e o paquete estaba comigo onte luns pola mañá. Iso é eficacia. Como anécdota (allea a toupa.net) sinalo que era un “contra reembolso” de Correos e tiven que procurar eu o cambio, porque o carteiro non traía… :-/

27 Maio 2010 Publicado por | Education, Folklore, Galicia, Literature, Music, Visual arts | Deixar un comentario