“Ayes de mi país”, edición crítica do cancioneiro de Marcial Valladares
Hoxe quero reseñar unha novidade editorial, interesante para os que estudan a música folclórica galega. Autores: José Luís do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartim. Título: “Ayes de mi país: o cancioneiro de Marcial Valladares” (Dos Acordes, Baiona, 2010; ISBN: 978-84-936618-1-6).
Esta edición crítica parte dun manuscrito autógrafo do propio Marcial Valladares, datado no 1865, e doutras fontes. Inclúe os textos e tamén facsímiles e transcripcións das partituras (ata agora inéditas). Pode comprarse, por exemplo, en toupa.net.