Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

The Document Foundation

Parece que na Oracle Corporation o ambiente para desenvolver software libre é aínda menos favorable do que era en Sun Microsystems. Así que moitos profesionais e voluntarios que traballaban na suite ofimática OpenOffice.org optaron por crear The Document Foundation e levar adiante un proxecto baseado na suite anterior pero cunha xestión máis “independente e democrática”.

Polo momento o proxecto leva o nome de LibreOffice, e aínda está en fase beta. Espero que teñan o mesmo éxito que a Mozilla Foundation tivo co navegador Firefox… :-)

29 Setembro 2010 Publicado por | Software | Deixar un comentario

Congo (DRC): at least 1.2 million displaced since January 2009 (HRW report)

Human Rights Watch (HRW) publicou, hai dúas semanas, un informe dunhas oitenta páxinas sobre a República Democrática do Congo (ex Zaire). O informe leva por título “Always on the Run. The Vicious Cycle of Displacement in Eastern Congo”, e céntrase na situación dos civís recentemente desprazados (máis dun millón) pola violencia dos diversos bandos en conflicto. Copio un extracto da súa introducción:

The scale of internal displacement in eastern Congo, and the disruption and dislocation it causes to people’s lives, is colossal. As of April 2010 at least 1.8 million people were displaced —the fourth largest internal displacement in the world—, 1.4 million of whom were in the volatile provinces of North and South Kivu bordering Rwanda. As people have fled, they have lost possessions, homes, land, and livelihoods; as well as family, friends, neighbors, and the economic and social support associated with them.

Internally displaced persons (IDPs) have been the victims of deliberate attacks perpetrated by virtually all warring factions in the area, government forces and armed groups alike. Moreoever, IDPs are often among the civilians most vulnerable to further abuse, hunger, and disease, yet they have limited access to services such as health care and education. Many have been displaced two or three times, sometimes more. For some, the years since 1993 can be characterized as being “always on the run”.

This report mainly focuses on the displacement from late 2008 through mid-2010 and especially the first half of 2009. At least 1.2 million IDPs were forced to flee their homes during three successive military operations that began in January 2009; others had fled during earlier waves of displacement. At the same time, over 1.1 million others returned —or tried to return— to their homes between January 2009 and March 2010. Despite these attempts, over 1.4 million people remained displaced in North and South Kivu by April 2010. [...]

29 Setembro 2010 Publicado por | Congo (DRC), Human Rights, Human Rights Watch, Politics | Deixar un comentario

O dicionario en liña de Ir Indo deixa de ser gratuíto

Para os galegos que nos preocupamos, con maior ou menor fortuna, por escribir e ensinar a escribir un galego correcto, isto é un desastre. Supoño que o problema será o financiamento, como hai dous anos… Copio un extracto da noticia segundo a publicou a semana pasada A Nosa Terra:

[...] O dicionario en liña Digalego, de Ir Indo Edicións deixará de ser un servizo de consulta de balde.

A editora cobrará polas consultas a partir do mes de outubro. Dende esa data a editora cobrará polas subscricións anuais de 38,80 euros que agora poden ser de 19,90 a través dunha oferta de lanzamento. [...]

29 Setembro 2010 Publicado por | Education, Galicia, Language, Software | Deixar un comentario

“A Digital Media Primer For Geeks (episode 1)”

Cheguei, desde a páxina do proxecto WebM, a un interesante (e moi denso) vídeo no que Christopher (Monty) Montgomery e a comunidade de Xiph.Org explican conceptos básicos sobre audio analóxico e dixital, vídeo, cores, píxeles, formatos de compresión…

Información sobre o contido e enlace para ver ou descargar este vídeo: “A Digital Media Primer For Geeks (episode 1)”. O vídeo dura media hora. Nestes momentos hai subtítulos en inglés e francés.

29 Setembro 2010 Publicado por | Education, Music, Science, Software, Visual arts | Deixar un comentario