Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Fonte escolar “Boo” e outros recursos educativos (CEIP de Frións)

A imaxe que puxen aquí (facer clic para ver máis grande) é unha captura de pantalla que fixen mentras escribía usando a fonte escolar “Boo”. Esta fonte fíxoa o mestre José Manuel Boo Pouso, e podedes encontrala na páxina web do CEIP de Frións (sección “materiais educativos”). Para usar este tipo de letra nun computador con sistema operativo Windows hai que descargar o arquivo “Escolar8.ttf” e logo pegalo no cartafol “Fonts”. Paso a paso, hai que:

  1. Descargar o arquivo “Boo.zip” da web (a calquera ubicación do computador, por exemplo, ao escritorio).
  2. Descomprimir ese arquivo (facendo dobre clic nel e seguindo as instrucións; tamén se pode usar un programa como o PeaZip).
  3. Unha vez descomprimido, copiar ou cortar o arquivo “Escolar8.ttf”.
  4. Facer dobre clic en “My PC”.
  5. Facer dobre clic no disco duro onde estea Windows, na maioría de computadores é C:\
  6. Facer dobre clic no cartafol “Windows” (se o contido está oculto, facemos clic na mensaxe que nos avisa de que hai arquivos que non deben ser modificados etcétera, porque nós non imos facer nada perigoso, so imos poñer unha nova fonte de letra).
  7. Facer dobre clic no cartafol “Fonts” (veremos alí as fontes instaladas no computador).
  8. Pegar o arquivo “Escolar8.ttf” dentro dese cartafol, ¡e xa está! Agora funcionará en LibreOffice, MS Word, etcétera.

28 Outubro 2010 Publicado por | Education, Galicia, Software | Deixar un comentario