Morreu Francisco Fernández del Riego
Tal vez non destacou como autor literario, pero Francisco Fernández del Riego merece o máis alto recoñecemento polo seu traballo, desde antes da guerra civil e ata a súa morte, en moitos proxectos que fixeron avanzar a normalización da lingua e da literatura de Galicia. Non podo recoller aquí todo o que fixo este corredor de fondo da nosa cultura neses setenta e cinco anos de actividade. Para min o máis destacable é a continuidade que nos difíciles tempos da posguerra deu ao galeguismo, traballando na editorial Galaxia, na revista Grial, na Fundación Penzol e na Real Academia Galega…