Jacob van Eyck: variations on “Questa dolce sirena” (Aldo Bova, recorder)
Aldo Bova toca aquí unhas fermosas variacións sobre “Questa dolce sirena”, recollidas por Jacob van Eyck na súa obra Der Fluyten Lust-hof (compilación de pezas para flauta de bico, editada por primeira vez no 1644). A melodía de “Questa dolce sirena” debeu de ser popular naqueles anos. Aparece, por exemplo, nos Balletti a 5 voci (1591) de Gastoldi.
Protesta artística de flo6x8 contra usura
Protesta artística estilo flash mob organizada por flo6x8 contra a usura. Fixérona nunha oficina do Banco Santander (Sevilla, Spain). Sen violencia e con alegría, ese é o camiño… :-)
P. S. (21 – XII – 2010). Debeu de molestar a alguén… disque “this video has been removed because its content violated YouTube’s Terms of Service“. Non entendo que punto desas normas está a ser violado, isto parece censura pura e dura… :-(
P. S. (27 – XII – 2010). Xa está outra vez dispoñible, con pixelado nas caras dos empregados. Esta é outra acción organizada polo mesmo grupo: