Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Xa está “na rúa” o Mozilla Firefox 4

Xa está “na rúa” a versión 4.0 estable do Mozilla Firefox. Máis eficiente que nunca (ver as novidades nas release notes) e tan versátil coma sempre (a través das extensións). Se xa usades o Mozilla Firefox, habedes recibir un aviso para descargar e instalar unha actualización. Se aínda non o usades ou queredes descargar un instalador offline, escollede o idioma e o sistema operativo que queirades, porque navegador non o habedes encontrar millor… :-)

Ademais, está a punto de saír (xa vai na fase release candidate) a versión 4.0 estable do Firefox Mobile, navegador para smartphones con sistema operativo Android ou Maemo (ver unha lista de teléfonos compatibles).

22 Marzo 2011 Publicado por | Mozilla Firefox, Software | Deixar un comentario